Xosé Manuel López Ardeiro
poeta galego
(Redirección desde «Ardeiro»)
Xosé Manuel López Gómez, nado na Chancela (Logrosa, Negreira) o 15 de xuño de 1944 e finado en Ferrol o 21 de decembro de 2007, foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1944 A Chancela, España |
Morte | 21 de decembro de 2007 (63 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua galega |
Premios | |
Traxectoria editar
Traballou no Rexistro de Propiedade de Negreira. Foi membro fundador da sociedade cultural Afonso Eanes desta vila, e membro fundador da ONG Alén Mar, tendo participado en diversas actividades sociais e culturais (Ateneo Ferrolán, Dorna ou FerrolAnálisis).
Obras editar
Poesía editar
- Na néboa dunha espranza, 1981.
- En bela sombra e amaranto, 1985, Algalia.
- O matiz esmeralda da sombra, 1988, Ediciós do Castro.
- Sombras e outras presencias, 1992.
- Un xardín no tempo, 2001, 3C3.
- Versos de ausencia e desagravio, 2005, Espiral Maior.
- Un tempo de amor e de voces na diáspora, 2010, Espiral Maior.
Obras colectivas editar
- Coroa poética para Castelao, edición de Xesús Alonso Montero.
- Negreira na guerra do 36.
- Arredor do Centenario de Rosalía.
- O centenario de Castelao na lembranza, 1986.
- Feiraco e o Val de Barcala-Un camiño de progreso.
- Vinte anos trobando coa cultura. Afonso Eanes, 1976-1996.
- Valle-Inclán, o que non fenece.
Premios editar
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 1981, por Na néboa dunha espranza.
- Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1985, por En bela sombra e amaranto.
- I Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1988, por O matiz esmeralda da sombra.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- As douradas sílabas de X. M. López Ardeiro, de Noemí Álvarez, María Rei e Suso Sambade, 2008, Toxosoutos.