O arco musical é un instrumento musical formado por unha corda estirada entre as extremidades dun arco, normalmente de madeira.

Un músico ibo tocando un arco musical.

O arco tradicional pódese utilizar como instrumento musical ou como arma, descoñecéndose o seu primeiro uso. As pinturas rupestres no sur da actual Francia, de arredor de 15 000 a. C. mostran un ritual onde xa se utilizaba o arco como instrumento musical.

Uso editar

Normalmente tócase só, aínda que ás veces tamén se emprega como parte dun conxunto de música apala. Para producir o son do arco frégase a corda, como un instrumento de cordas friccionada, pero tamén se pode bater na corda, como un Instrumento de cordas pulsada.

A diferenza dos instrumentos de corda que se usan na música sinfónica, non ten unha caixa de resonancia malia poder ter resoadores externos. O tipo máis común de resoador consiste nunha cabaza que se ata á man do portador. O arco tamén pode resoar nunha cavidade ou mesmo pode utilizarse a boca. Este último método permite conseguir unha melodía moito máis rica, variando o tamaño do resoador.

Os arcos musicais utilízanse en numerosas culturas de diferentes rexións do mundo. O berimbau pola súa asociación coa capoeira é un instrumento común no Brasil. Son comúns en toda África onde reciben diferentes nomes. Entre os siddis, indios de orixe africana, o malunga é un arco musical feito de bambú, cordas de catgut e un coco como resoador. O belembaotuyan é un arco de Guam. Os maorís empregan o ku.[1]

Notas editar

  1. Best, Elston (2005). Games and Pastimes of the Maori. pp. 313–4.