O appenzeller é un queixo suízo feito a base de leite de vaca de pasta dura cun gusto intenso, refinado e característico, especialidade dos cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior.

Queixo appenzeller

Elaboración editar

O ambiente prealpino intacto e as herbas da rexión facilitan obter este queixo, que forma parte do patrimonio do Appenzell. Prodúcese nunhas 80 queixerías esparexidas polas vilas e aldeas da rexión, e nunha pequena parte dos cantóns de Sankt Gallen e Turgovia. O queixo madurece durante un mínimo de tres meses. O seu gusto potente recíbeo ao untalo repetidas veces, de dúas a tres veces por semana, cunha moira a base de plantas denominada sulz, e que se mantén en segredo[1], só a coñecen dúas persoas por xeración que poden acceder á caixa do banco onde se garda a receita[2]. As pezas de Appenzeller pesan entre 6,2 e 8 kg e teñen un diámetro de 30 a 33 cm que se obteñen con 80 litros de leite.

Variedades editar

 
Un anaco de Classic á esquerda, e outro de Surchoix á dereita
  • Classic : madurecido de 3 a 4 meses. A etiqueta é azul e vermella.
  • Surchoix : madurecido de 4 a 6 meses cun gusto máis acentuado. A etiqueta é áurea.
  • Extra : madurecido de 6 a 8 meses. A etiqueta é negra

Comercialización editar

Prodúcense menos de 10.000 toneladas por ano, concretamente no ano 2014, 8.831[3], exportándose en gran parte, principalmente a Alemaña. Comercialízao Appenzeller Käse baixo a denominación Appenzeller Switzerland .

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar