Apollo 15
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Apollo 15 foi a novena misión tripulada do programa Apolo (denominado oficialmente AS-510), foi lanzado o 26 de xullo de 1971 mediante un foguete do tipo Saturno V, en dirección á Lúa. Nela participaron os astronautas David R. Scott, James B. Irwin e Alfred M. Worden.[1]
Apollo 15 | |||||
Insignia da misión | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 15 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Endeavour Módulo lunar: Falcon | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 26 de xullo de 1971 13:34:00 UTC | ||||
Aluaxe: | 30 de xullo de 1971 22:16:29 UTC 26° 7' 55.99" N - 3° 38' 1.90" E Hadley Rille | ||||
Tempo AEV lunar: | 1º: 6 h 32 min 42 s 2º: 7 h 12 min 14 s 3º: 4 h 49 min 50 s Total: 18 h 34 min 46 s Paseo en CSM: 39 min 7 s | ||||
Tempo na superficie da Lúa: | 66 h 54 min 53,9 s | ||||
Cantidade de mostras: | 77 kg | ||||
Amaraxe: | 7 de agosto de 1971 20:45:53 UTC 26°13′N 158°13′O / 26.217, -158.217 | ||||
Duración: | 9 d 00 h 01 m 58 s | ||||
Número de órbitas lunares: | 74 | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 145 h 12 min 41.68 s | ||||
Masa: | CSM 30.370 kg ; LM 16.430 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Scott, Worden e Irwin | |||||
Outras misións | |||||
|
Foi a primeira das misións do tipo J, é dicir, con modificacións na astronave que permitía unha duración do voo de ata 14 días.
Pouco logo de comezar a órbita lunar número 12, o módulo de descenso conseguiu aluar a 26,08º N 3,66º E (a só un centenar de metros do punto teórico na rexión de Hadley-Apeninos, no Mare Imbrium) levando como tripulantes a David R. Scott -comandante-, Alfred M. Worden e James B. Irwin.
Tras aluar, Scott realizou un recoñecemento do terreo a través do zapón superior do módulo lunar, durante 33 min. Tras descender do módulo de aluaxe "Falcon", os astronautas Scott e Irwin empregaron por primeira vez un LRV (Vehículo Explorador Lunar ou Lunar Roving Vehicle, fabricado pola compañía Boeing e a Delco Electronics de General Motors) que percorreu unha distancia total de 27,9 quilómetros.
Durante as 77 h e 55 min de permanencia na superficie do noso satélite, aproveitaron 18 h e 35 min para realizar tres paseos lunares (EVA).
A primeira saída (EVA-1) cunha duración de 6 h e 32 minutos serviu para explorar co rover lunar o bordo da grieta Hadley, instalando unha estación científica, chamada ALSEP, e estudar o chan para rexistrar a temperatura, o fluxo de calor e a condutibilidade térmica.
A segunda saída (EVA-2) supuxo estudar durante 7 h e 13 minutos a fronte da cordilleira dos Apeninos e a recolleita de 46 quilogramos de rochas variadas.
A terceira saída (EVA-3) de 4 h e 50 minutos serviu para realizar experimentos co ALSEP, explorando tamén a grieta Hadley.
Antes de abandonar a superficie lunar, recolleron novas mostras de rochas lunares ata completar os 88 kg, ademais de instalar instrumental xeofísico que supoñía deixar nos biosbardos 549 kg de material, así como un pequeno modelo que representaba a un astronauta cunha placa gravada que contiña o nome dos 14 cosmonautas soviéticos e americanos mortos nos ensaios ou durante os voos espaciais. A engalaxe televisouse por primeira vez mediante unha cámara instalada no rover lunar (LRV).
Mentres isto sucedía, desde o módulo de mando (CM) bautizado "Endeavour", o seu compañeiro Alfred Merril Worden realizaba máis experimentos e fotografías con cámaras de raios X e raios gamma. Worden tamén realizou o primeiro paseo espacial no ceo profundo.[1]
Tamén situou en órbita un subsatélite para efectuar fotografías, e durante o regreso saíu ao espazo (a 315.423 km da Terra) para recoller a película fotográfica xa exposta, nunha EVA de 38 min de duración.
A misión finalizou coa amaraxe no océano Pacífico, sendo os astronautas recolleitos polo portahelicópteros "Okinawa" o 7 de agosto de 1971, tras efectuar 74 órbitas á Lúa e unha viaxe de 295 h, 11 min e 53 s de duración.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apollo 15 |
Outros artigos
editar Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |