David Scott

astronauta estadounidense

David Randolph Scott, nado en San Antonio, Texas, o 6 de xuño de 1932, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 8, Apollo 9 e Apollo 15.[1][2]

David Scott
David Randolph Scott.jpg e Scott on the Rover - GPN-2000-001306.jpg
Datos persoais
Nacemento6 de xuño de 1932
LugarSan Antonio, Texas
Actividade
MisiónsGemini 8, Apollo 9 e Apollo 15
Tempo no espazo22,79 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Medalla da Paz das Nacións Unidas, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Scott graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos e é máster en aeronáutica e astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en outubro de 1963. Participou nas misións Gemini 8, Apollo 9 e Apollo 15, pasando un total de 22,79 días no espazo.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Scott, David Randolph" (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (decembro de 1975). "DAVID R. SCOTT (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar