Olécrano

(Redirección desde «Apófise olecraniana»)

O olécrano é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente ao cúbito. Está situado na parte máis superior e posterior do cúbito, e ten forma piramidal de base cuadrangular. Ten unha base soldada ao resto do óso e un vértice que se artella co úmero. Durante a extensión máxima do cóbado, o olécrano queda acollido pola fosa olecraniana do úmero. Nos nenos e adolescentes o olécrano non está unido por óso ao resto do cúbito, senón que é un cartigo non osificado.

Olécrano
olecranon Editar o valor en Wikidata

Instancia dezone of proximal epiphysis of ulna (en) Traducir e clase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase dezone of proximal epiphysis of ulna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte decúbito Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD056740 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC33200 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O olécrano ten unha superficie anterior, que se artella co úmero, na articulación úmero-cubital. A superficie posterior pode palparse baixo a pel. Forma o relieve dorsal do cóbado e adoita ter unha bolsa deslizante. Nela insírese o tríceps braquial e o ligamento posterior do cóbado.

O bordo medial serve para a inserción do músculo flexor ulnar do carpo e o ligamento lateral interno do cóbado. No bordo lateral insírense o músculo ancóneo e o ligamento posterior do cóbado.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.