Apófise estiloide do cúbito

A apófise estiloide do cúbito é unha apófise ósea da epífise distal. Ancórase no lado medial ou interno do cúbito, superando a cabeza cubital. Recibe a inserción do ligamento lateral interno do pulso. A cabeza cubital e a apófise estiloide están separadas por unha pequena depresión na parte anterior, onde se insire o complexo ligamentoso triangular do carpo e por detrás por unha marca que deixa o paso do músculo extensor cubital do carpo.

Apófise estiloide do cúbito
Apófise estiloide sinalada, na esquerda cubital, na dereita a radial
Latín processus styloideus ulnae
Gray's pág.218

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.