Ligamento lateral interno do pulso
O ligamento lateral interno do pulso, colateral cubital ou colateral ulnar é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación radioescafolunar. Orixínase na apófise estiloide cubital, para despois dividirse en dous fascículos. Un diríxese cara ao óso piramidal e outro cara ao óso pisiforme e ligamento transverso do carpo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.