Complexo ligamentoso triangular do carpo

O complexo ligamentoso triangular do carpo é unha formación ligamentosa formada polo ligamento radiocubital anterior, polo ligamento radiocubital posterior, polo ligamento cubitocarpal anterior, polo ligamento cubitocarpal posterior e polo disco articular da articulación radiocubital inferior.

Ligamentos do pulso.

O complexo cobre as superficies distais do cúbito e do radio, protexéndoas. Tamén facilita a transmisión do peso, distribuíndoo para evitar lesións óseas. Ao proporcionar estabilidade ao carpo na zona cubital, permite a rotación do antebrazo sen que haxa lesións.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.