Cabeza do cúbito

A cabeza do cúbito é unha formación ósea da epífise distal deste óso. Unha parte da cabeza está unida á superficie superior do complexo ligamentoso triangular do carpo, que separa a cabeza do pulso. A outra parte é convexa e diríxese cara a fóra, para artellarse coa cavidade sigmoide do radio.

Cabeza do cúbito
Radio e cúbito
Latín caput ulnae
Gray's pág.220

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.