Aos amores serodios

obra narrativa de Ricardo Carballo Calero

Aos amores serodios é unha obra narrativa de Ricardo Carvalho Calero publicada en 1979 en Grial, nº 63, Vigo. Foi reeditada en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias[1] e en 1984 na Narrativa completa[2].

Aos amores serodios
Título orixinalAos amores serodios
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Narrativa
Data de pub.1979
Páxinas8
editar datos en Wikidata ]
  • 1. Os vellos non deben de namorarse. Os vellos non deben de namorarse ou os vellos non deben namorarse; suposición fronte a mandato, probabilidade fronte a obriga. Castelao falou dos vellos que non deben namorarse, que deben manter os amores vellos, coma o Eleuterio da “Cousa”. Mais un amor novo conduce os vellos á morte física ou moral, como acontece nos tres vellos da obra de teatro de Castelao.

O home que agarda a morte tamén ama a vida, durmir cunha moza remoza ao vellos segundo din.

Abisag, Abisag: mar gelado, o meu leito gardará o quentor do teu. Se é un rei ou presidente do consello de administración de unha empresa multinacional, pode doadamente achar unha sunamita. Se non, non é tan doado... Así que me parece moi natural que os vellos se namoren, ainda que tamén é moi natural que non sejan correspondidos[3]
  • 2. Asia Menor. Un arqueólogo localiza os indicios dun santuario. Atopa unha cabeza feminina de mármore con restos de policromía.
Como unha arage de donda brincadeira, de agarimosa ironia, invade as fazulas e modela-as en goios e pregas que humanizan a divindade e dan pulo olímpico, infundindo un cordial respeito religioso, a este intenso rosto de moza real. Na nuca hai unha inscrición. Moi breve. Aos amores seródios[4]
  • 3. O poeta. Á noite no hotel Erik tirou unha folla, era o poema que lle inspirara a cabeza de mármore.

Erik Larsson é un pseudónimo de Carvalho Calero. O poema foi tamén publicado no seu libro Futuro condicional.

  • 4. Consideracións críticas. Reflexións sobre o poema e sobre a obra escultórica. Sabemos que o artista xa non era novo:
Aos amores seródios. Non foi un aprendiz, non foi un mozo. Foi un grande artista descoñecido, na plenitude do seu génio, na declinación da sua vida, quen labrou esa cabeza, de muller, na que, con un sabor de realidade singular desusual na estatuária grega, triunfa, endebén, o símbolo da mocidadde, na lediza da perfeizón e na saudade do adeus[5]
  • 5. Helia. Agora o narrador trata de Júlio Neves, personaxe creado polo autor portugués Virgílio Ferreira, que pensa na súa muller Helena e os soños e desexos concentrados en Helia. :
Hélia lia a Freud, era da oposición nos tempos anteriores á revolución dos cravos. Nesta compleza novela, Júlio Neves, o autor de “Revelação” e “Nada”, esconjura os seus demos, como Castelao[6]
  • 6. A herexía de Marienbad. Agora o narrador diríxese a Goethe. A moza Ulrike (Von Levetzow) trata como “cabaleiro ancián” o autor da “Elexía de Marienbad”. E tamén están Kätchen, Friederike, Lili, Lotte, Charlotte, Minna, Marianne... tantas.
En cada pousada do camiño, unha estrofa de amor. Ulrike agora. Helena sempre. Un formoso petrúcio, ´Goethe. Mais os vellos non deben de namorar-se[5]
O narrador evoca a última cea mantida no hotel polos arqueólogos hai 40 ou 50 anos. Participan na cea o narrador que era aos seus vinte anos o secretario do equipo, as dúas mulleres dos arqueólogos que non cumpriron os 30, os seus maridos, o poeta Erik Larsson e o mestre arqueólogo de 70 anos. O vello mestre brinda cara ás copas das mozas pronunciando as palabras máxicas “aos amores serodios”. E como remate definitivo a referencia a Cleopatra e Berenice e a incorporación do verso de Villon: “Mais où sont les nieges d´antan?” coas invocación das neves de antano, do “ubi sunt” e das mulleres célebres da historia e da mitoloxía[7].

Características

editar

É unha narración moi completa e heteroxénea na súa estrutura, con varios narradores e unhas coordenadas espazo-temporais relacionando a literatura galega coa portuguesa e a alemá.[8]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 151-163. ISBN 84-85385-26-8
  2. Carballo Calero, Ricardo (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 223-238. ISBN 84-7492-321-2
  3. Carballo Calero 1984, p. 225.
  4. Carballo Calero 1984, p. 228.
  5. 5,0 5,1 Carballo Calero 1984, p. 231-232.
  6. Carballo Calero 1984, p. 233.
  7. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 142. ISBN 978-84-9151-436-7. 
  8. Rabuñal 2020, p. 141.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar