Abrir o menú principal

Anunciación Casado Atanes

Anunciación Casado Atanes, coñecida como Pasionaria,[1] nada en Cualedro en 1887 e finada en Viana do Bolo o 21 de agosto de 1936, foi unha política galega.[2]

Anunciación Casado Atanes
Nacemento1887
 Cualedro
Falecemento21 de agosto de 1936
 Viana do Bolo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Oradora e organizadora sindical de moita sona, pola súa defensa do campesiñado. Foi responsable do Partido Comunista de España na comarca de Viana.[3] Na Segunda República fixo propaganda entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obxecto dunha constante persecución. Detida polos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada no lugar das Reverdeitas,[3] no camiño da Gudiña a Viana o 21 de agosto de 1936.[2] Fóronlle incautados os seus bens.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar