Antuan Audu[1] (en árabe: أنطوان أودو), nado en Alepo (Siria) o 3 de xaneiro de 1946, é un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1992.

Infotaula de personaAntuan Audu

(2026, Madrid) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Alepo (Siria) Editar o valor em Wikidata
Chaldean Catholic bishop (en) Traducir
11 de outubro de 1992 –
Bispo diocesano
18 de xaneiro de 1992 –
← Istifan Bilu
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSiria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1979–) Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade San Xosé Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónRaphael I Bidawid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Alepo, cando Siria era un mandato francés, o 3 de xaneiro de 1946.[2] Entrou na Compañía de Xesús en 1969,[2] estudou Literatura árabe na Universidade de Damasco até 1972,[2] e posteriormente doutorouse pola Universidade de París III en 1979, cunha tese sobre Saki al-Arsusi.[2] O 5 de agosto de 1979 foi ordenado sacerdote. Posteriormente completou a súa formación filosófica e teolóxica con estudos bíblicos no Pontificio Instituto Bíblico,[2] e foi profesor de exéxese bíblica na Universidade San Xosé e na Universidade do Espírito Santo de Kaslik.[2]

O 18 de xaneiro de 1992 foi nomeado bispo de Alepo. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Rafael I o 11 de outubro do mesmo ano.

Obra editar

  • Zakī al-Arsouzī, un arabe face à la modernité (en francés). Beirut: Dar el-Machreq. 1988. 

Notas editar

  1. Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Antoine Audo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Abram, Anna; Kirwan, Michael; Gallagher, Peter, eds. (2017). Philosophy, Theology and the Jesuit Tradition: 'The Eye of Love'. Bloomsbury Publishing. p. 167. ISBN 9780567672780. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Istifan Bilu
 Bispo de Alepo 
1992 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)