Istifan Bilu

bispo católico caldeo de Alepo

Istifan Bilu[1] (en árabe: إسطيفان بلّو), nado en Alqux (Iraq) o 5 de setembro de 1910 e finado en Roma o 26 de novembro de 1989, foi un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1959 até o seu pasamento.

إسطيفان بلّو
(Istifan Bilu)
Bispo da Igrexa católica caldea
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1910 en Alqux, Iraq
Pasamento26 de novembro de 1989 en Roma, Italia
Ordes
Ordenación sacerdotal14 de outubro de 1934
Consagración episcopal10 de xaneiro de 1960, por Bulus Xaikhu
Bispo de Alepo
1959 - 1989
PredecesorBulus Xaikhu
SucesorAntuan Audu
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu en Alqux, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), o 5 de setembro de 1910.[2] Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 14 de outubro de 1934 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental coa tese «La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle», publicada en Roma en 1939;[3] durante este período realizou unha estancia no priorado de Amay entre setembro e outubro de 1937.[4]

En 1948 foi elixido superior da súa orde, cargo que ostentou até 1958.[3] O 23 de outubro de 1959 foi elixido bispo de Alepo.[2] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 10 de xaneiro de 1960.[2] Como bispo, participou nas sesións I-IV do Concilio Vaticano II. Durante o seu pontificado, se construíu a catedral de San Xosé de Alepo, así como moitas outras iniciativas na eparquía.

Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 19 de xullo de 1975 foi nomeado membro consultor da mesma.[5]

Finou en Roma o 26 de novembro de 1989, e o seu corpo foi enterrado nun mosteiro preto de Alqux.

ObraEditar

  • La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle. Roma: Pontificio Instituto Oriental. 1939. 

NotasEditar

  1. Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Stéphane Bello.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Annuario pontificio per l'anno 1987. 1987. p. 26. 
  3. 3,0 3,1 Yohanna, Samer Soreshow (2015). The Gospel of Mark in the Syriac Harklean Version: An edition based upon the earliest witnesses. Gregorian Biblical BookShop. p. 109. ISBN 9788876536748. 
  4. Edelby, Nagi; Masri, Pierre, eds. (2005). Mélanges en mémoire de Mgr Néophytos Edelby (1920-1995). CEDRAC. p. 479. ISBN 9789953455303. 
  5. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Bulus Xaikhu
 Bispo de Alepo 
1959 - 1989
Sucesor:
Antuan Audu