Abrir o menú principal

Antonio Toledo Quintela

teólogo e xornalista galego

Antonio Toledo Quintela, nado nas Somozas o 11 de xullo de 1854 e finado en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1885, foi un teólogo e xornalista galego.

Antonio Toledo Quintela
Nacemento11 de xullo de 1854
 As Somozas, As Somozas
Falecemento16 de abril de 1885
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónteólogo e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela. Doutorouse en Filosofía e Letras en Compostela (1874) e en Dereito en Madrid (1878). Foi profesor auxiliar da Facultade de Letras e da de Dereito da USC (1881). Fundou e dirixiu o periódico El Porvenir (1875) e cando pechou este El Libredón (1881). Foi Vicesecretario da Sociedade Económica de Amigos do País.

Vida persoalEditar

Casou con Carmen Pérez Torreiro, filla de Antonio Pérez Dávila.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pedret Casado, Paulino (7-7-1954). "El centenario de un profesor insigne y malogrado de nuestra Universidad. Don Antonio Toledo Quintela". La Noche (en castelán).