As Somozas, As Somozas
Santiago Seré das Somozas[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 575 habitantes (277 mulleres e 298 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.
As Somozas | |
---|---|
Igrexa de Santiago Seré | |
Concello | As Somozas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°32′06″N 7°56′37″O / 43.535, -7.9435Coordenadas: 43°32′06″N 7°56′37″O / 43.535, -7.9435 |
Poboación | 587 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 61[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarCoa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíronse as novas parroquias das Enchousas e Seixas, segregándose das Somozas.[2]
Patrimonio
editar- Igrexa de Santiago Seré das Somozas, do século XVIII, de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. Destacan na parte posterior dos muros do presbiterio os xabarís e escudos, símbolos dos Andrade.
- Escola Aurora das Somozas, localizada na Garita, construída a principios do século XX polos emigrantes en Cuba, foi escola até a Guerra Civil.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares das Somozas
editarLugares da parroquia das Somozas no concello das Somozas (A Coruña) | |
---|---|
Abeledo | Agra | A Agraxoiba | Os Avosendos | A Baiuca | A Barreira | O Campo | Carballeira | Cardeira de Meroi | Cargas | A Casanova | Castelo | Cerdeira de Cabalar | Chao de Abaixo | Chao de Arriba | As Cortiñas | O Coto de Salas | O Coto | Coucixoso | Escalo | A Ferraría | Fontelo | Fonticova | O Foxo | A Fraga | A Garita | Gradaílle | Gradoi | Guntille | A Igrexa | Loureiros | O Machuco | Martinga | Meroi | Moimento | Montecalvo | A Nogueira | Os Novás | A Pallota | Parañoi | Pastoriza | Penela | O Pereiro | Poelle | A Pradanova | A Pradavella | A Queira | A Ramisqueira | O Rego | San Roque | Sansidro | Santo Estevo | O Seixidal | Suarriba | Sueiras | Teixeiro | Tiquión | A Torre | Trigal | Vilachave | Xibarido |
Parroquias das Somozas
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas | |
---|---|
As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "As Somozas celebrou o Santiago". Amigus. As Pontes. 28 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020.