Recemel, As Somozas

parroquia civil do concello das Somozas

Santa María de Recemel é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2018 tiña 373 habitantes (184 homes e 189 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 546 habitantes.

Recemel
Igrexa de Santa María de Recemel
ConcelloAs Somozas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°30′08″N 7°56′28″O / 43.5021, -7.9412
Poboación360 hab. (2019)
Entidades de poboación53[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Recemel incorporouse en 1845 ao concello das Somozas, desvencellándose de Moeche.[2]

Patrimonio

editar
  • Igrexa de Santa María de Recemel, de estilo barroco, planta rectangular, con tres naves.
  • Capela de Recemel, dedicada á Nosa Señora do Socorro, de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio elevado.
  • Ermida de San Roque, de panta de cruz rectangular cunha única nave.
  • Cruceiro de Recemel, de 1904.

Galería de Imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Recemel

editar
Lugares da parroquia de Recemel no concello das Somozas (A Coruña)

O Bacelar de Abaixo | O Bacelar de Arriba | Cabanela | A Cabaza | As Calvelas | Os Casás | O Condado | O Corisco | A Cortella | O Coto | Couce do Baño | Coucevilar | A Espariza | A Espiga | Esteve | A Fonte | O Freixeiro | A Igrexa | A Lameira | O Leirón | O Machuco | Moniños | O Outeiro | As Painceiras | A Paleira Nova | A Paleira Vella | Pena de Eiriz | Penadrade | Perillón de Abaixo | Perillón de Arriba | Porlá | Portelo | Porto dos Bois | O Pumar de Abaixo | O Pumar de Arriba | Pumariño | A Retorta | A Rodela | San Pedro | Santa Cristina | Santo Estevo | As Seixas | O Souto | Suínlle | Os Tafornelos | O Teixeiro | Os Tembrás | A Toca | A Veiga | A Vila | O Vilar | Vilastriz | Viñas

Parroquias das Somozas

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas

As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré)


  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Brisset Martín, Xavier (2006). "¿Onde están os nosos documentos?" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 289. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar