Antonio Sayanes González
Antonio Basilio Sayanes González, nado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1903 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1903 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de febreiro de 1937 (33 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , membro da resistencia |
Traxectoria
editarInstalado en Sárdoma. Militante da CNT, directivo do SIP de Bouzas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa da súa suegra na Pobra do Caramiñal pero despois tivo que volver a Vigo. Desde alí fuxio a pé a Vilagarcía de Arousa, para reunirse co seu amigo Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre. Integrouse no grupo organizado por Rodrigo Beruete cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Manuel Limeres Ordóñez, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[1][2][3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 294–302. ISBN 978-84-09-02453-7.