Antonio Pedreira Andrade, nado na Coruña en 1949 e finado en Madrid o 11 de agosto de 2015, foi un maxistrado español, especialmente coñecido por exercer como instrutor do chamado Caso Gürtel[1].

Antonio Pedreira
Nacemento1945
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento11 de agosto de 2015
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxuíz
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi o fillo primoxénito de Antonio Pedreira Ríos, avogado e concelleiro na Coruña nos tempos en que Alfonso Molina era alcalde da cidade[2]. A familia do pai era orixinaria de Cerceda.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela[2], onde se licenciou. Traballou como letrado do concello de Madrid no Instituto de Previsión, antecesor do Instituto Nacional de Seguridade Social, e foi xefe dos servizos legais do concello madrileño. Como docente, foi durante 15 anos profesor titular de Dereito Civil na UNED.

En 1989 foi nomeado maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, posto no que acadou sona ao ser o instrutor do caso Gürtel, un expediente de corrupción política que afectou a dirixentes do Partido Popular. O caso fora iniciado por Baltasar Garzón, naquela altura xuíz da Audiencia Nacional, e Pedreira recibiu o expediente en 2008 ao estaren implicados tres deputados autonómicos do Partido Popular na Asemblea de Madrid. Permaneceu como xuíz instrutor durante tres anos, ata o verán de 2011, cando solicitou a súa inhibición para que a causa regresase á Audiencia Nacional, onde se encargou de continuar a instrución o maxistrado Pablo Ruz. Pouco despois, e no medio de conflitos profesionais con outros maxistrados polo control dos casos de corrupción en Madrid[3], en 2012 sufriu un accidente cerebral que fixo que fose hospitalizado de forma irreversible durante tres anos.

Foi membro do Comité Científico da Asociación Española de Dereito Sanitario. Foi presidente da Asociación Parkinson Madrid desde xullo de 2009 até o seu falecemento.[4]

Vida persoal editar

Casado e con dous fillos, fóralle diagnosticada a enfermidade de Parkinson en 1989[4].

Notas editar