Antonio Parada Calvo
guerrilleiro antifranquista galego
Antonio Parada Calvo, nado en Castrelo do Val cara a 1916 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Castrelo do Val, España |
Morte | 11 de outubro de 1941 (24/25 anos) Ourense, España |
Causa da morte | Ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua galega |
Lista
|
Traxectoria editar
Labrego de Monteveloso (Piornedo). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido en agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, José María Albar González e Martín Estévez Vega, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Represión franquista en Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.