Avelino Rodríguez Rodríguez
guerrilleiro antifranquista galego
Avelino Rodríguez Rodríguez, nado en Verín cara a 1901 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 ![]() Verín, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1941 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Traxectoria
editarLabrego de Verín. Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Martín Estévez Vega, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e José María Albar González, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Represión franquista en Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.