Antonio Outerelo Pereira

mariñeiro e sindicalista galego

Antonio Outerelo Pereira, nado en Bueu en 1909 e finado na ría de Cedeira o 14 de setembro de 1968, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaAntonio Outerelo Pereira
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Ría de Cedeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño da Coruña, membro do Sindicato de Industria Pesquera El Despertar Marítimo da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxu en outubro no vapor Sagrado Corazón de Jesús dende a Coruña a Xixón. Xulgado en Ferrol por rebelión militar na causa instruída pola desaparición do vapor Sagrado Corazón de Jesús, foi declarado en rebeldía e fuxido. En Asturias permaneceu embarcado até febreiro ou marzo do 37, cando se incorporou ao Batallón 207. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía. En xuño de 1937 era o encargado do nomeamento de delegados na súa Compañía e foi relevado por José Fernández Moreda en xullo de 1937. Coa caída de Asturias caeu prisioneiro e foi levado ao campo de concentración de Camposancos. Incorporárono ao Batallón de Trabajadores 149. Foi condenado a cadea perpetua en abril de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[1] Estaba na cadea da Coruña en maio de 1942, onde recibiu a visita de Honorato Martínez Fuster. Foi indultado en 1947. Foi tesoureiro do Comité Regional da CNT na clandestinidade. Reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947,[2] fuxiu. Nos anos sesenta foi patrón do 2º Monte San Pedro que naufragou na ría de Cedeira o 14 de setembro de 1968, perecendo Antonio no naufraxio.[3][4]

Vida persoal editar

Foi pai de Dolores Outerelo. Casou en segundas nupcias con Josefa Díaz e foi pai de Antonio e Cesar Outerelo Díaz. É avó de Mar Outerelo Salorio.

Notas editar

  1. BOE, 25-9-1949, 2054.
  2. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 25-9-1968, p. 18.
  4. La Voz de Galicia, 26-9-1968, p. 4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar