Abrir o menú principal

Antonio Menéndez Franco, finado en Lugo o 10 de marzo de 1933[1], foi un xornalista galego.

Antonio Menéndez Franco
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]
Redacción de La Idea Moderna: Enrique Rodríguez Garrido, Julio Núñez González, Antonio Menéndez Franco, José Vega Blanco, Luís Gago Alonso e Juan Rof Codina.

TraxecroriaEditar

Fillo de Juan Antonio Menéndez, o impresor e propietario de La Idea Moderna. Foi redactor do periódico e á morte do seu pai, en 1911, sucedéuno como propietario. Despois colaborou en La Voz de la Verdad, El Pueblo Gallego e Vanguardia Gallega así como noutros periódicos de Lugo. Foi elixido concelleiro en Lugo polo Partido Liberal en 1911[2] e 1915[3].

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 11-3-1933, p. 10.
  2. El Eco de Galicia, 7-11-1911, p. 1.
  3. La Voz de la Verdad, 26-10-1915, p. 1.