Antonio Lago Outeiral

carpinteiro e político galego

Antonio Lago Outeiral, nado en Boiro, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaAntonio Lago Outeiral
Biografía
NacementoBoiro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Carpinteiro. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Foi nomeado depositario dos fondos municipais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Fuxiu na lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do consello de Guerra foi cadea perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 24 de outubro de 1939, permanecendo nesa prisión ata o 14 de decembro de 1942 cando foi trasladado aos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.[1][2]

  1. La Voz de Galicia, 18-5-1937, p. 4
  2. BOE, 24-1-1944, p. 434.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar