Antonio Díaz Ortiz
Antonio Díaz Ortiz, nado en Cangas (Foz) o 17 de xaneiro de 1909 e finado en Madrid o 22 de outubro de 2003, foi un militar e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1909 Cangas, España |
Morte | 22 de outubro de 2003 (94 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, empresario |
Traxectoria
editarFillo de Teresa Ortiz Carranza, de Covarrubias (Burgos), e Ángel Díaz Río, un emigrante de Cordido que traballou en fornos e pastelerías de Madrid. Ángel tiña fábrica propia na rúa Ayala e puido dar estudos ao seu fillo Antonio. Conseguiu a praza de oficial de Correos en Pola de Laviana e despois en Xixón, onde estaba traballando cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Incorporouse a filas co grao de capitán. Durante a guerra combateu en Albacete, Cuenca e Teruel. Cando as tropas franquistas entraron en Madrid en 1939, escondeuse na casa de José Novo Ferreiro onde permaneceu meses argallando un plan de fuga. Finalmente, no camión de Pascual Fernández Saá, que transportaba pescado de Galicia a Madrid, armaron entre o eixe e a caixa un trebello de madeira no que meteron a Antonio e así chegou a Cangas. Estivo agochado tres anos en Cangas e Cordido e foi xulgado en rebeldía en Xixón. De volta a Madrid, na posguerra chegou a ser un empresario de éxito: tiña panaderías en Madrid, barcos de pesca en Foz e A Coruña e terreos de cultivo de cereal en Cuenca e Toledo. Nos anos cincuenta gravou e fotografou diversos aspectos da Mariña de Lugo, entre outros o documental Foz, Cangas e Lourenzá.[1]
Notas
editar- ↑ "Un documental inédito con imaxes de Foz, Cangas e Lourenzá en 1952 abre as xornadas de historia de Foz". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019.