Cangas, Foz
San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello de Foz, na provincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2017 tiña 813 habitantes (411 mulleres e 402 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.
Cangas | |
---|---|
Vista da igrexa parroquial | |
Concello | Foz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°37′47″N 7°20′05″O / 43.629722222222, -7.3347222222222 |
Área | 9,25 km² |
Poboación | 796 hab. (2020) |
Densidade | 86,05 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarCangas está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polo mar Cantábrico e ao oeste polo concello de Burela.
O territorio parroquial sitúase no val inferior do río Moucide, que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no Cantábrico na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m no denominado Pico do Pelobrinco, nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da praia da Areoura.
Economía
editarAínda que situada no concello de Foz, a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de Burela, no concello homónimo, da que dista ao redor 3 quilómetros (8 km da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no sector terciario (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas próximas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de alumina e aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.
Patrimonio
editar- Pazo do Lagar, pazo do século XVI no lugar da Ribela.
- Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá.
- Co código 125A, no Catálogo de Árbores senlleiras de Galicia aparece a Moreira negra de Cangas de Foz.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
-
Parroquia de Cangas.
-
Portiño de San Pedro.
-
Praia das Polas
-
Pena Orxal
-
Cangas desde o Coto do Faro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cangas
editarLugares da parroquia de Cangas no concello de Foz (Lugo) | |
---|---|
As Abelairas | Alamparte | As Lagas | A Ribela | Vilachá | Vilamor | Vilasindre |
Parroquias de Foz
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Árbores senlleiras" (PDF). cmatv.xunta.gal. Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Consultado o 16/1/2019.