Antonio Díaz Fuentes

avogado e político galego

Antonio Díaz Fuentes, nado en Sarria o 6 de xuño de 1935 e finado o 27 de maio de 2011, foi un avogado e político galego. Era irmán do escultor José Díaz Fuentes.

Antonio Díaz Fuentes
Nacemento6 de xuño de 1935
Lugar de nacementoSarria
Falecemento27 de maio de 2011
Lugar de falecementoSarria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsJosé Díaz Fuentes
Na rede
Dialnet: 1726108
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo. Foi deputado no Congreso por UCD pola provincia de Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), e na I e II lexislaturas (1979-1986). Foi e membro da Comisión mixta que informou o Estatuto de Autonomía de Galicia. En 1984 foi elixido presidente de Coalición Galega no congreso constituínte[1], posto do que dimitiu o 10 de xullo de 1986 polo fracaso electoral do partido nas eleccións do 22 de xuño.[2]

É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e varios libros sobre Dereito e toponimia.

Obras editar

Ensaio editar

  • O dereito civil en Galicia, 1997.
  • Toponimia de la Comarca de Sarria , 1998.
  • Montes vecinales en mano común, 1999.
  • División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial, 2001.
  • La prueba en la nueva Ley de enjuiciamiento civil : tratamiento y práctica, 2002.
  • Servidumbres, serventías y relaciones de vecindad, 2004.
  • El deslinde : civil y administrativo, 2009.

Narrativa editar

  • Cuentos de pueblo, cuentos de Sarria, 2002.
  • Un gallego en la corte del rey sabio, 2010.

Notas editar

  1. Manuel Anxo Fernández Baz A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laivento, 2003, páx. 166
  2. "Dimite el presidente de Coalición Galega" El País (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar