Antoine Busnois

compositor e poeta renacentista

Antoine Busnois, tamén coñecido como Antoine Busnoys, nado na vila francesa de Béthune arredor de 1430 e finado o 6 de novembro de 1492 en Bruxas, na rexión flamenga de Bélxica, foi un compositor e poeta de principios do Renacemento pertencente á escola borgoñoa. Aínda que tamén é salientable como compositor de música sacra (particularmente motetes), foi un dos máis nomeados compositores profanos do século XV. Foi a figura principal da escola de Borgoña tardía, logo da morte de Guillaume Dufay.[1]

Infotaula de personaAntoine Busnois
Biografía
Nacemento1430 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Béthune Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1492 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Bruxas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica e liturgical music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica renacentista Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancés medio, latín medieval e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 7d5e01d1-19ff-4ae5-b6f3-1ad83a6c05a7 Discogs: 1170316 IMSLP: Category:Busnois,_Antoine Allmusic: mn0001204244 Find a Grave: 21136379 Editar o valor em Wikidata
Manuscrito da misa O Crux Lignum, de Antoine Busnois.

Traxectoria editar

É probable que fose discípulo de Johannes Ockeghem en Tours. Cara a 1460 estaba na corte de Borgoña. Máis tarde traballou na igrexa de San Salvador de Bruxas, como director dos cantantes, cargo que exerceu ata a súa morte en 1492.[2]

Obra editar

Quant ce vendra, de Antoine Busnois

A súa produción máis importante é de cancións profanas: máis de sesenta que se conservan nun manuscrito proveniente da corte de Borgoña, probablemente copiado por el mesmo. A maioría ten textos en francés, son a tres voces e utilizan estruturas fixas, sobre todo a de rondó (a metade delas).

No tocante á música relixiosa, consérvanse misas, un credo, himnos, un magnificat e un motete. As misas utilizan a técnica do cantus firmus, e unha delas baséase na soada fanfarra L'homme armé.[3]

Discografía editar

  • 2004. Busnois: Missa O crux lignum, Motets, Chansons. Orlando Consort (Harmonia Mundi) 
  • 2008. Busnois, L'Homme armé. Cantica Symphonia, Giuseppe Maletto (Glossa) 

Notas editar

  1. Higgins, Paula. "Antoine Busnuys". En Grove Music Online Arquivado 11 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Ed. L. Macy.
  2. Gleason, Harold et al. Music in the Middle Ages and Renaissance. Alfred Music, 1988. Páxina 99.
  3. Taruskin, Richard. «Antoine Busnoys and the "L'Homme armé" Tradition». JAMS, 39 (2):255–293, 1986.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar