Antiinflamatorios non-esteroides

(Redirección desde «Antiinflamatorios non esteroideos»)

Os antiinflamatorios non-esteroides[1] (abreviado AINE) son un grupo variado e quimicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, os cales reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre. Todos eles exercen o seu efecto mediante a inhibición do enzima ciclooxixenase. Os  antiinflamatorios naturais, segregados polo propio organismo, son os derivados dos corticoides, substancias de orixe esteroideo de potente acción antiinflamatoria, pero con importantes efectos secundarios.[2]

Comprimidos de 200mg de ibuprofeno xenérico, un AINE común

En oposición aos corticoides, o termo "non  esteroideo" aplícase aos AINE para recalcar a súa estrutura química non esteroidea e a menor cantidade de efectos secundarios. O termo foi acuñado en 1960 por Michael W. Whitehouse.[3] Como analxésicos caracterízanse por non pertencer á clase dos narcóticos e actuar bloqueando a síntese de prostaglandinas.

Os efectos secundarios dependen do fármaco específico, pero en gran medida inclúen un maior risco de úlceras e hemorraxias gastrointestinales, presión arterial alta, problemas cardiacos e enfermidade renal.[4]

No mercado existen 2 tipos de AINEs dispoñibles, os clásicos, que actúan inhibindo principalmente á enzima ciclooxigenasa (COX) de modo non selectivo, inhiben por tanto os 2 subtipos, COX-1 e COX-2, e os selectivos para a COX-2, que contan con menos efectos secundarios gastrointestinais.[5]

Os AINEs máis coñecidos son a aspirina e o ibuprofeno. Neste último a dose máxima para adquirir nunha farmacia en España sen receita médica é de 400mg.[6] O paracetamol non se adoita incluír neste grupo xa que practicamente carece de acción antiinflamatoria.[7]

  1. "Vocabulario de medicina" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  2. Philippe Maslo, Raphaël Olle Cervera, Nuria Casals (2001): Las dolencias de la espalda (en español). Publicado por Editorial Paidotribo, 2001. ISBN 84-8019-266-6
  3. Buer, JK: «Origins and impact of the term 'NSAID'», Inflammopharmacology, vol. 22, no 5, 2014, p. 263-7. (PMID 25064056, DOI 10.1007/s10787-014-0211-2, ler en línea [arquivo])
  4. "AINE (Medicamentos Antiinflamatorios No Esteroides)". American College of Rheumatology. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  5. "Antiinflamatorios no esteroides, AINE". Arthritis Foundation. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  6. Álvarez, Elisa; Rodríguez, Uxía (31 de maio de 2019). "Las farmacias serán rígidas al exigir receta con el ibuprofeno y el paracetamol". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  7. Hinz, Burkhard; Cheremina, Olga; Brune, Kay (20 de setembro de 2007). "Acetaminophen (paracetamol) is a selective cyclooxygenase-2 inhibitor in man". The FASEB Journal 22 (2): 383–390. ISSN 0892-6638. 

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.