Anthony Polite

baloncestista suizo

Anthony Polite, nado o 21 de xuño de 1997 en Lugano, no cantón de Tesino, é un xogador de baloncesto profesional suízo. Formado na Universidade de Florida State, actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, ocupa a posición de ala.[2]

Anthony Polite
Río Breogán  – No. 2
Información persoal
Nacemento 21 de xuño de 1997 (26 anos)
Suíza Lugano, Suíza
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 97 kg (214 lb)
Posición Ala
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Instituto Saint Andrew's (Florida)
Universidade Florida State (2017–2022)
NBA Draft 2022 / Rolda: Non drafteado
Carreira 2022−presente
Historial de equipos
ASVEL (2022–2023)
Hamburg Towers (2023)
Río Breogán (2023−presente)

Traxectoria editar

Anthony Polite naceu en Lugano, no cantón suízo de Tesino, onde o seu pai xogaba ao baloncesto profesionalmente.[3] Alí medrou xogando ao fútbol. Cando chegou á ideade para acudir á escola secundaria, trasládase aos Estados Unidos para asistir ao Saint Andrew's School de Boca Raton, Florida. Como alumno de último ano, Polite fixo unha media de 20 puntos e 11,7 rebotes por xogo, gañando o galardón a Xogador do Ano. Após finalizar o instituto, comprometeuse a xogar ao baloncesto universitario para Florida State rexeitando unha oferta de Miami (Florida). Polite utilizou un ano de redshirt na súa primeira temporada en Florida State debido a lesións nos xeonllos. Como estudante de primeiro ano, tivo unha media de 2,7 puntos por partido. Na segunda temporada fixo unha media de 5,8 puntos por encontro, conseguindo o 22 de marzo de 2021, anotou unha marca persoal de 22 puntos na vitoria de 71-53 sobre Colorado na segunda rolda do torneo da NCAA. Como estudante de terceiro ano, Polite fixo unnha media de 10,1 puntos e 4,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de acerto do 43,6% nos lanzamentos de tres puntos. O 5 de abril de 2022, Polite declarouse elixíbel para o draft da NBA de 2022, renunciando á súa elegibilidade universitaria restante.

Após non ser drafteado, o 13 de xullo de 2022 aina polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB Pro A e a Euroliga. Alí permanece sen moitos minutos de xogo até que o 14 de xaneiro asina polo Hamburg Towers da Basketball Bundesliga e a EuroCup. No equipo alemán destaca tanto na competición doméstica, con 13,2 puntos e 5,2 rebotes por partido, como na europea, con 15,6 puntos por xogo.[2] Tras finalizar a temporada asina polo Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.[1]

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Polite ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Anthony Polite, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 20 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Anthony Polite, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  3. Tully, Jonathan (22 de marzo de 2021). "FSU's Anthony Polite hits career scoring high as Seminoles begin pulling away". Tallahassee Democrat. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar