António Costa

Primeiro ministro de Portugal

António Luís Santos da Costa, coñecido como António Costa, nado en San Sebastião da Pedreira (Lisboa) o 17 de xullo de 1961, é un xurista e político portugués. Foi Alcalde de Lisboa entre 2007 e 2015. É o actual secretario xeral do Partido Socialista, desde novembro de 2014 e o actual Primeiro Ministro do seu país dende 2015, cando herdou o cargo de Pedro Passos Coelho.

António Costa
António Costa- 2017 - Web Summit - 24778904437.jpg
Nome completoAntónio Luís Santos da Costa
Nacemento17 de xullo de 1961
Lugar de nacementoLisboa
NacionalidadePortugal
RelixiónIgrexa católica latina
Alma máterUniversidade de Lisboa e Universidade Católica Portuguesa
Ocupaciónpolítico, avogado e participante do fórum internacional
PaiOrlando da Costa
NaiMaria Antónia Palla
IrmánsRicardo Costa
PremiosCommander with Star of the Order of Polonia Restituta, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Order of the Cross of Terra Mariana, 3rd Class, Knight Grand Cross of the Order for Merits to Lithuania, cabaleiro da gran cruz da orde de san Gregorio, Ordem de Rio Branco, Order of the Sacred Treasure, 1st Class, Order pro Merito Melitensi, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Ordem do Mérito do Chile, Grand Cross of the Order of Honour, Commander with Star of the Order of Merit of the Republic of Poland e Grã Cruz da Ordem do Rio Branco
Na rede
Twitter: antoniocostapm Instagram: antoniocostapm Editar o valor em Wikidata
AssinaturaAntónioCosta.svg
editar datos en Wikidata ]
António Costa durante o seu mandato como alcalde de Lisboa

TraxectoriaEditar

De orixe católica goesa, é fillo do escritor Orlando da Costa. Licenciado en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, e alí foi dirixente da Asociación Académica (1982-1984) e director da Revista da AAFDL (1986-1987). É posgraduado en Estudos Europeos, polo Instituto Europeo da Universidade Católica Portuguesa. Desde 1988 exerceu como avogado en Lisboa, actividade que interrompeu para dedicarse á política.

Foi deputado polo Partido Socialista na asemblea municipal de Lisboa, entre 1982 e 1993. Entre 1991 e 1995 foi tamén deputado na Asemblea da República. En 1993 foi candidato á alcaldía de Loures, resultando elixido concelleiro. Foi membro do Secretariado Nacional do PS entre 1987 e 1990 e volveu de novo ao Secretariado Nacional do PS desde 1994. Integrou o XIII Goberno como secretario de Estado (1995-1997) e ministro (1997-1999) de Asuntos Parlamentarios. Levou a carteira de Xustiza no XIV Goberno (1999-2002). Para alén diso foi tamén o membro do goberno responsable da Expo'98, en 1997/99, presidiu o Grupo Parlamentario do PS, de 2002 a 2004, e foi deputado e vicepresidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2005. Foi ministro de Estado e da Administración Interna (2005-2007) e presidente da Cámara Municipal de Lisboa (2007-2015)

En 2014, logo das eleccións europeas, anunciou que disputaría o liderado do PS a António José Seguro, nas primarias do 28 de setembro logrou a vitoria co 67,88% dos votos contra 31,65% do seu rival converténdose así en candidato do seu partido a primeiro ministro. Seguro dimitiu do cargo de secretario xeral do PS o mesmo día da súa derrota, e nas primarias convocadas para a elección de secretario xeral o 21 e 22 de novembro, Costa presentouse sen oposición, converténdose en secretario xeral da súa formación.[1].

NotasEditar

  1. "António Costa eleito secretário-geral do PS com 96% dos votos". Jornal de Negócios. 23 de novembro de 2014. 


Predecesor:
Pedro Passos Coelho
  
Primeiro Ministro de Portugal
 
2015-
Sucesor:
no cargo