Antón Figueroa Lorenzana
profesor e teórico literario galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antón Figueroa.
Antón Figueroa Lorenzana, nado en Chantada en 1943, é un profesor e teórico literario galego.
Antón Figueroa Lorenzana | |
---|---|
Nacemento | 1943 |
Lugar de nacemento | Chantada |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | catedrático e teórico literario |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Figueroa mantén unha constante preocupación pola renovación metodolóxica dende as teorías da recepción ata o concepto de campo literario. É membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- Diglosia e texto (Edicións Xerais, 1988).
- Lecturas alleas (Sotelo Blanco, 1996).
- Nación, literatura, identidade (Xerais, 2001).
- Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010).
- Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural (Laiovento, 2015).
TraduciónsEditar
- Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega, de Manuel Mandianes Castro (Editorial Galaxia, 1984; canda a Xavier Senín).
Obras colectivasEditar
- Homenaxe ó profesor Camilo Flores (Universidade de Santiago, 1999).
- A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (Sotelo Blanco/Xerais, 2008).
Obra en francésEditar
Obras colectivasEditar
- Communication littéraire et culture en Galice , a canda Xoán González Millán, edicións L'Harmattan, Francia e o Canadá 1997, ISBN 2-7384-5286-8
- L'espace culturel transnational, 2009, Nouveau Monde Éditions, París.
PremiosEditar
- Premio da Crítica Galicia no 1996, por Lecturas alleas.