Anselmo de Friúl

duque longobardo de Friúl entre 749 e 751
(Redirección desde «Anselmo de Nonantola»)

Anselmo, nado en Cividale del Friúl en 723 e morto en Nonantola en 805, foi duque longobardo de Friúl do 749 ao 751, en asociación con Pedro

Anselmo de Friúl
Nacementoc. 720
Lugar de nacementoCividale del Friuli
Falecemento803
Lugar de falecementoNonantola
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
IrmánsGiseltrude
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Son escasas as informacións directas sobre o personaxe, que ascendeu ao trono ducal de Cividale no 749 (en asociación con Pedro), cando Aistulfo, xa duque tras a elección de Rachis como soberano dos longobardos, se converte á súa vez en rei en Pavia

A tradición da Igrexa católica identifícao con san Anselmo de Nonantola, que tería abandonado o trono ducal no 750-751, cando se retirou no mosteiro de Fanano, que el mesmo fundaran un lugar que lle doara o rei Aistulfo, o cal tería casado coa súa irmá Xisaltruda. Dous anos máis tarde, sobre o 752, fundou o mosteiro de Nonantola, sempre preto de Módena, para despois dirixirse a Roma, onde o Estevo III lle doou algunhas reliquias de san Silvestre e o nomeou abade de Nonantola. Despois fundou hospitais para pobres e enfermos, pero no 756 foi expulsado de Nonantola polo novo rei longobardo, Desiderio, que emprendera unha vasta operación de reorganización dos mosteiros do reino longobardo para garantirse o seu apoio. Anselmo retirouse a Montecassino ata o 774 cando, deposto Desiderio por Carlomagno, puido volver a Nonantola, onde morreu no 805. Canonizado pola Igrexa Católica, a súa festa é o 3 de marzo.

Unha identificación alternativa, hipotética e indutiva, é, en cambio, co terceiro fillo de Pemón e Ratperga, xunto a Rachis e Aistulfo: Ratchait. Se a correspondencia é correcta, tamén a el se lle aplicaría a cualificación de "valoroso" atribuída por Paulo Diácono a todos os fillos de Pemón. Ratchait aparece na corte de Liutprando xusto antes da deposición do pai a favor de Rachis, no momento no que o soberano ordena o arresto dos que apoiaban ao duque deposto.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar