Anna Pavlova
Anna Pavlovna (Matveyevna) Pavlova (ruso: Анна Павловна (Матвеевна) Павлова), nada o 31 de xaneiroxul./ 12 de febreiro de 1881greg. en San Petersburgo (Imperio Ruso) e finada na Haia o 31 de xaneiro de 1931, foi unha prima ballerina rusa de finais do século XIX e principios do XX, sendo considerada unha das primeiras grandes figuras do ballet e sendo considerada a mellor bailarina clásica do momento.[1] Foi unha das artistas principais do Ballet Imperial Ruso dos Ballets Russes de Sergei Diagilev. Pavlova é especialmente recoñecida polo papel da Morte do cisne, que foi creado para ela por Michel Fokine, e, coa súa propia compañía, converteuse na primeira bailarina en realizar unha xira por todo o mundo.
Anna Pavlova | |
---|---|
![]() Pavlova ca. 1905. | |
Nome completo | Анна Павловна (Матвеевна) Павлова Anna Pavlovna (Matveyevna) Pavlovac |
Nacemento | 12 de febreiro de 1881 |
Ligovo, San Petersburgo![]() | |
Falecemento | 23 de xaneiro de 1931 (49 anos) |
A Haia![]() | |
Causa | fármaco |
Soterrada | Londres |
Nacionalidade | Rusa ![]() |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Alma máter | Vaganova Academy of Russian Ballet |
Ocupación | Bailarina |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Formada na prestixiosa escola do Ballet Imperial, debutou como solista no mesmo en 1899 e foi prima ballerina en 1905. Con todo, a súa consagración a nivel mundial chegou en 1910, xa nos Ballets Russes de Diagilev, a onde chegou en maio de 1909.[1][2] Morreu prematuramente por mor unha pulmonía en 1931 aos 49 anos.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "ANNA PAVLOVA. Figura mítica del ballet clásico" (en castelán). danza.es. Consultado o 4 de xaneiro de 2017.
- ↑ "The Legendary Anna Pavlova" (en inglés). russianballethistory.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Pavlova |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |