Anita Berber, nada en Leipzig o 10 de xuño de 1899 e finada en Kreuzberg (Berlín) o 10 de novembro de 1928, foi unha bailarina, actriz e escritora alemá que foi obxecto dunha pintura de Otto Dix. Viviu principalmente durante a República de Weimar.

Infotaula de personaAnita Berber

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1899 Editar o valor em Wikidata
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1928 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
República de Weimar Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDanza, teatro e Actuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro , escritora , prostituta , bailarina , modelo artístico , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor em Wikidata -
MovementoExpressionismo alemão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSebastian Droste (1922–1923)
PaiFelix Berber (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0073318 Allocine: 506926
Discogs: 2437739 Find a Grave: 12452230 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Naceu en Leipzig, filla de Felix Berber, primeiro violinista da Orquestra Municipal, e da súa dona, Anna Lucie Thiem, cantante e bailarina de cabaret, que se divorciaron cando Berber tiña catro anos. Foi criada principalmente pola súa avoa en Dresden. En 1913 Berber estudou danza na escola de Émile Jaques-Dalcroze en Hellerau, que incluía adestramentos en ximnasia rítmica, harmonía e música.[1] O ano seguinte marchou a estudar ballet en Berlín con Rita Sacchetto. Aos dezaseis anos, debutou como bailarina de cabaret e en 1917 traballaba como modelo para a revista Die Dame.[2]

Fama en Berlín

editar

Entre 1918 e 1925, apareceu en vinte e cinco filmes.[2] Richard Oswald utilizouna en varios dos seus filmes nesa época.[1] En 1920 apareceu xunto aos dadaístas nun cabaret político chamado Schall und Rauch.

Escandalosamente andróxina, rapidamente se fixo un nome. Levaba unha pesada maquillaxe de bailarina, que nas fotos e filmes en branco e negro da época parecía como un corazón negro acibeche sobre os seus beizos delgados e cos ollos carbonizados.[3] O cabelo levábao curto e con frecuencia vermello brillante, como en 1925 cando o pintor alemán Otto Dix pintou un retrato dela, titulado Retrato da bailarina Anita Berber.[4]

O seu bailarín, amigo e algunha vez amante Sebastian Droste, que actuou no filme Algol (1920), era delgado e tiña o cabelo negro con rizos sobre todo nas patillas. Ningún dos dous levaba moito máis que un taparrabos baixo e Anita ocasionalmente un corsé, colocado moi por debaixo dos seus peitos.[3] Berber e Droste colaboraron nun libro titulado Dances of Vice, Horror, and Ecstasy en 1923. Publicáronse preto de mil copias e ata a destacada artista Hannah Höch posuía un exemplar.[1]

Os bailes de Berber, que tiñan nomes como "Cocaine" e "Morphium",[5] rompían os límites coa súa androxinia e total nudez, mais foron as súas aparicións públicas as que realmente desafiaron os tabús sociais. A adicción ás drogas e a bisexualidade de Berber eran asuntos de rumores públicos.[6] Ademais das súas adiccións á cocaína, o opio e a morfina, unha das formas de embriaguez favoritas de Berber eran o cloroformo e o éter mesturados nunha cunca.[7] Isto remexíao cunha rosa branca, cuxos pétalos comía despois.[8]

Karl Toepfer sostivo que ninguén desta época estaba "máis estreitamente asociado co baile espido que Anita Berber".[2] Un contemporáneo de Berber, o coreógrafo Joe Jencik, describiu como "O público nunca apreciou a expresión artística de Anita, só as súas transgresións públicas nas que traspasou a liña intocable entre o escenario e o público... Ela sacrificou a súa persoa a unha autovivisección da súa vida."[2]

Falecemento

editar

Ademais da súa adicción aos narcóticos, Berber tamén era alcohólica. En 1928, aos 29 anos, abandonou de súpeto o alcol por completo, mais morreu máis tarde ese mesmo ano. Segundo Mel Gordon, en The Seven Addictions and Five Professions of Anita Berber: Weimar Berlin's Priestess of Debauchery,[9] diagnosticáronlle unha tuberculose grave mentres actuaba no estranxeiro. Despois de colapsar en Damasco, volveu a Alemaña e morreu nun hospital de Kreuzberg o 10 de novembro de 1928, aínda que corría o rumor de que morrera rodeada de xeringas de morfina baleiras.[8] Berber foi enterrada nunha tumba para pobres no cemiterio de St. Thomas en Neukölln.[10][11]

Matrimonios

editar

En 1919, Berber contraeu un matrimonio de conveniencia cun home chamado Eberhard Phillipp Engelhard von Nathusins. Máis tarde deixouno para manter unha relación cunha muller chamada Susi Wanowski, e pasou a formar parte da escena lésbica de Berlín.[12]

O segundo matrimonio de Berber, en 1922, foi con Sebastian Droste, que durou ata 1923. En 1925 casou co bailarín estadounidense Henri Châtin Hofmann.[12] Embarcaron nunha xira por Europa que rematou en Zagreb despois de que Berber fose detida por insultar ao rei. Despois de que Hofmann lograse a súa liberación, continuaron polo Mediterráneo e Oriente Medio.[2]

Filmografía

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Funkenstein, Susan Laikin (2005). "Anita Berber: Imaging a Weimar Performance Artist". Woman's Art Journal 26 (1): 26–31. ISSN 0270-7993. JSTOR 3566531. doi:10.2307/3566531. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Toepfer, Karl (1997). Empire of Ecstasy: Nudity and Movement in German Body Culture, 1910-1935. Berkeley: University of California Press. p. 83. 
  3. 3,0 3,1 "Glitter & Doom - Anita, mon amour". Wound Magazine 1 (1): 150–151. novembro de 2007. ISSN 1755-800X. 
  4. "artnet Magazine". www.artnet.com. Consultado o 2021-03-27. 
  5. Evans, Richard J. (2003) The Coming of the Third Reich. New York: Penguin. p.125. ISBN 0-14-303469-3
  6. Pettis, Ruth M. (16 de agosto de 2005). "Berber, Anita". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-18. 
  7. Gordon, Mel (1 de maio de 2006). Voluptuous panic: the erotic world of Weimar Berlin. Feral House. pp. 9–. ISBN 978-1-932595-11-6. Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  8. 8,0 8,1 Berlin: Metropolis of Vice. Paradigm Pictures, 2005.
  9. Gordon, Seven Addictions
  10. "Anarchists of Style: Anita Berber, Part 2" http://www.wornthrough.com/2011/01/11/anarchists-of-style-anita-berber-part-2/.
  11. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 3520-3521). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  12. 12,0 12,1 Capovilla (2001), p.50

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Berber, Anita & Droste, Sebastian (2012) Dances of Vice, Horror, and Ecstasy. Traducido por Merrill Cole. Newcastle upon Tyne: Side Real Press.
  • Capovilla, Andrea (2001) "Berber, Anita" in: Aldrich, Robert & Wotherspoon, Garry (eds.) Who's Who in Contemporary Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II. New York: Routledge; pp. 50–51 ISBN 0415159830
  • Fischer, Lothar (1996) Tanz zwischen Rausch und Tod: Anita Berber, 1918-1928 in Berlin. Berlin: Haude und Spener
  • Funkenstein, Susan Laikin (2005) "Anita Berber: Imaging a Weimar Performance Artist" in: Woman's Art Journal 26.1 (Spring/Summer 2005); pp. 26–31
  • Gordon, Mel (2006) The Seven Addictions and Five Professions of Anita Berber: Weimar Berlin's Priestess of Debauchery. Los Angeles, California: Feral House
  • Gill, Anton (1993) A Dance between the Flames: Berlin between the Wars. New York: Carroll & Graf
  • Jarrett, Lucinda (1997) Stripping in Time: A History of Erotic Dancing. London: Pandora (HarperCollins); pp. 112–135
  • Kolb, Alexandra (2009) Performing Femininity. Dance and Literature in German Modernism. Oxford: Peter Lang. ISBN 978-3-03911-351-4
  • Richie, Alexandra (1998) Faust's Metropolis: A History of Berlin. New York: Carroll and Graf
  • Toepfer, Karl Eric (1997) Empire of Ecstasy: Nudity and Movement in German Body Culture, 1910-1935. Berkeley: University of California Press