Anik (irmanciño, en inuktitut) é unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios propiedade de Telesat Canada e que proporcionan servizos de televisión para Canadá.

Satélites editar

Nome Tipo de satélite Lanzado Retirado Vehículo de lanzamento
Anik A1 Hughes Aircraft HS333 9 de novembro de 1972 15 de xullo de 1982 Delta 1914[1]
Anik A2 Hughes Aircraft HS333 20 de abril de 1973 6 de outubro de 1982 Delta 1914[1]
Anik A3 Hughes Aircraft HS333 7 de maio de 1975 21 de novembro de 1984 Delta 2914[2]
Anik B1 RCA Astro Satcom 15 de decembro de 1978[3] 1 de decembro de 1986 Delta 3914
Anik C1 Hughes Aircraft HS376 12 de abril de 1985 5 de maio de 2003 Transbordador espacial Discovery
Anik C2 Hughes Aircraft HS376 18 de xuño de 1983 7 de xaneiro de 1998 Transbordador espacial Challenger
Anik C3 Hughes Aircraft HS376 11 de novembro de 1982 8 de xuño de 1997 Transbordador espacial Columbia
Anik D1 Hughes Aircraft HS376 26 de agosto de 1982 16 de decembro de 1991 Delta 3920 PAM-D
Anik D2 Hughes Aircraft HS376 8 de novembro de 1984 31 de xaneiro de 1995 Transbordador espacial Discovery
Anik E1 GE Astro 5000 26 de setembro de 1991 18 de xaneiro de 2005 Ariane 4
Anik E2 GE Astro 5000 4 de abril de 1991 23 de novembro de 2005 Ariane 4
Anik F1 HS 702 (Boeing 702) 21 de novembro de 2000 En activo Ariane 4
Anik F2 Boeing 702 17 de xullo de 2004 En activo Ariane 5G
Anik F1R Eurostar E3000 9 de setembro de 2005 En activo Proton/Breeze-M
Anik F3 Eurostar E3000 10 de abril de 2007 En activo Proton/Breeze-M

Anik A editar

 
Foguete Delta co Anik A1 a bordo.

Anik A foi a primeira serie de satélites de comunicacións xeoestacionarios do mundo[4] e proporcionáronlle á CBC a capacidade de chegar ó norte canadense por primeira vez. Cada un dos satélites levaba doce transpondedores en banda C e polo tanto tiña capacidade para doce canais de televisión en cor.

Anik B editar

Anik B levaba tamén 12 transpondedores en banda C, como os Anik A, pero levaba ademais seis transpondedores en banda Ku.

Foi lanzado o 15 de decembro de 1978 e foi o sucesor dos Anik A e do satélite experimental de comunicacións CTS, tamén coñecido como Hermes.

A maior parte dos transpondedores estaban adicados a retransmisións da CBC. O operador CNCP Telecommunications [5] tamén usou o Anik B como retransmisor para os seus servizos. O periódico Globe and Mail usou o Anik B para retransmitir copias de impresión a diferentes imprentas ó longo do Canadá.[6]

Anik C editar

Os satélites da serie Anik C tiñan tres veces máis potencia que os da serie A. Levaban dezaseis transpondedores en banda Ku. Anik C-2 foi usado para distribuír as primeiras redes de televisión por pago do Canadá.

 
Lanzamento do Anik C-3 desde a bodega de carga do transbordador Columbia.

Anik D editar

Os dous satélites Anik da serie D, con transpondedores en banda C, foron lanzados en 1982 e 1984. Estaban baseados no deseño Hughes 376. Anik D1 levaba o paquete CANCOM para retransmitir sinais de televisión para o seu uso por compañías de cable.

Anik E editar

Anike E1 e E2 foron lanzados a principios da década dos anos 1990 para substituír os Anik D1 e D2. Xa non tiñan a forma cilíndrica dos Anik da serie D.

Anik E2 tivo problemas durante o despregue da súa antena de banda C, que foi despregada con éxito tras varias manobras.[7]

O xoves 20 de xaneiro de 1994, Anik E1 e E2 tiveron problemas debido á actividade solar. E1 fallou primeiro, deixando sen televisión por satélite ao Canadá. Unhas horas máis tarde, Telesat conseguiu recuperar o satélite. E2 fallou posteriormente debido a un problema co xiroscopio, que causou unha perda do apuntado do sinal do satélite. O problema exacto estivo na circuitería relacionada co volante de inercia.[8] E2 non puido ser recuperado durante cinco meses, co que E1 asumiu o seu servizo e os usuarios tiveron que mover as súas antenas para apuntar a este satélite. E2 foi recuperado finalmente mediante o uso de estacións de terra especiais en cada extremo do país que controlaban a posición do satélite e usando os propulsores do satélite para axustar o apuntado e a posición. Esta técnica acortou a vida do satélite, xa que o consumo de propelente previsto orixinalmente era moito menor que o que finalmente se necesitou debido á avaría.

Anik F editar

A serie F é a máis moderna ata o momento de tódolos Anik. Anik F1 foi lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, en Kourou. No momento do seu lanzamento foi o satélite de comunicacións máis potente e levaba un sistema de propulsión iónica alimentado por xenon.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-1914" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2914" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  3. Globe and Mail, ed. (20 de decembro de 1978). "Canadian satellite set in orbit position". Reuters. p. 2. 
  4. IEEE Canad (ed.). "Satellite Model Anik A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  5. Clifford, Edward (31 de maio de 1980). Globe and Mail, ed. "Rockets may lift Telesat's Aniks". pp. B16. 
  6. Immen, Wallace (10 de setembro de 1982). Globe and Mail, ed. "Platform to give Anik a boost after ride on space shuttle". pp. E8. 
  7. David Michael Harland and Ralph Lorenz (2005). Space systems failures: disasters and rescues of satellites, rockets and space probes. Springer. 
  8. "Anik E ... Phone Home". Broadcaster: 12. 1994. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar