Andy y Lucas é un grupo musical español formado por Andrés Morales e Lucas González. Presentaron o seu primeiro disco en 2003.

Andy y Lucas
Andy y Lucas. Concierto en SCP-1 2.jpg
OrixeCádiz, Andalucía Andalucía, España España
Período2003 - presente
Xénero(s)Pop e flamenco
Selo(s) discográfico(s)Sony BMG
MembrosAndrés Morales e Lucas González
Páxina webwww.andyylucas.com

TraxectoriaEditar

Andrés Morales naceu o 4 de abril de 1982 e Lucas González o 28 de setembro dese mesmo ano. Lucas é fillo de Pedro González Carnero, quen xogou ao fútbol no Real Club Celta. Criáronse no barrio de La Laguna en Cádiz e estudaron no mesmo colexio.

Tamén estudaban xuntos para administrativos antes de dedicarse á música e percorrerse todos os escenarios dos bares de Cádiz. Cando aínda non os coñecía ninguén Jesús Quintero entrevistounos no seu programa Ratones Coloraos e acabou de encumbrarlos, por iso dedicáronlle a canción "Ratones Coloraos" no seu primeiro disco.

"Estamos xuntos desde sempre", di Lucas. "No recreo, no canto de comernos o bocadillo metiámonos no aula de música do colexio e cantabamos. Decidimos formar un grupo. Ao principio eramos catro". E Lucas púxose a compor. "Fago cancións desde os 12 anos, aínda que fai catro tomeimo máis en serio", di Lucas.

O 26 de maio de 2003 editaron o seu primeiro álbum Andy & Lucas con trece cancións, e o seu single "Son de Amores" converteuse no éxito do verán. Venderon máis de 500.000 copias e o 15 de marzo de 2004 o seu álbum editouse en México, Arxentina, Estados Unidos, Chile, Costa Rica, Colombia, Perú e Ecuador.

Lograron un gran éxito en toda Latinoamérica e "Son de Amores" alcanzou o número un da prestixiosa lista Hot Latin Tracks da revista americana Billboard.[1]

O 29 de novembro de 2004 editaron o seu segundo álbum Desde mi barrio, con trece novas cancións compostas por Lucas, excepto "Madre" que supuxo o debut de Andy como compositor.

Con máis de 1 000 000 de copias vendidas dos seus anteriores traballos e con once discos de platino nas súas vitrinas, o 27 de febreiro de 2007 volveron Andy e Lucas co seu terceiro álbum Ganas de vivir, doce cancións das cales sete están compostas por Lucas e cinco por Andy.

DiscografíaEditar

  • Andy & Lucas (2003)
  • Andy & Lucas Ed. Especial (2003)
  • En su salsa (2004)
  • Desde mi barrio (2004)
  • ¿Qué no? ¡Anda que no! (2005)
  • Ganas de vivir (2007)
  • Con los pies en la tierra (2008)
  • Pido la palabra (2010)
  • El ritmo de las olas (2012)

SinxelosEditar

  • 2003: "Son de amores" - #1 (Lista 40), #1 (Billboard)
  • 2003: "Tanto la quería" - #1 (Lista 40)
  • 2004: "Y en tu ventana" - #1 (Lista 40)
  • 2004: "Hasta los huesos" - #6 (Lista 40)
  • 2004: "Mírame a la cara" - #23 (Lista 40)
  • 2005: "Quiero ser tu sueño" - #9 (Lista 40)
  • 2005: "Yo lo que quiero" - #25 (Lista 40)
  • 2005: "Mi barrio" - #21 (Lista 40)
  • 2007: "Quiéreme" - #1 (Promusicae)
  • 2007: "Quiero que sepas"
  • 2007: "De qué me vale"
  • 2008: "Tú que quieres que yo le haga" - #4 (Promusicae)
  • 2008: "Tus miradas"
  • 2010: "Aqui sigo yo"
  • 2011: "Pido la palabra"
  • 2011: "Faldas"
  • 2012: "El ritmo de las olas"
  • 2013: "Echándote De Menos"

ColaboraciónsEditar

NotasEditar

Ligazóns externasEditar