Andreas Papandreu

político grego

Andreas Georgios Papandreu (en grego: Ανδρέας Γεώργιος Παπανδρέου[1]), nado en Quíos o 5 de febreiro de 1919 e finado en Atenas o 23 de xuño de 1996, foi un economista e político grego, coñecido por fundar o partido político PASOK, que liderou de 1974 a 1996. Foi o primeiro ministro de Grecia en tres lexislaturas.

Andreas Papandreu
Andreas Papandreou (1968) 2 crop.jpg
Nacemento5 de febreiro de 1919
Lugar de nacementoQuíos
Falecemento23 de xuño de 1996
Lugar de falecementoEkali e Atenas
Causadoenza cardiovascular
SoterradoPrimeiro Cemitério de Atenas
NacionalidadeGrecia e Estados Unidos de América
EtniaGregos
RelixiónIgreja Ortodoxa Grega
Alma máterUniversidade de Atenas, Universidade Harvard, Athens College e Universidade de Minnesota
Ocupaciónpolítico, economista e profesor universitario
PaiGeórgios Papandréu
NaiSofia Mineyko
CónxuxeMargaret Chant-Papandreou e Dimitra Liani
FillosGeorgios Papandreu, Níkos Papandréou, Andreas Papandreou, Sofia Papandreou e Emilia Nyblom
IrmánsGeorgios G. Papandreou
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Grã-Cruz da Ordem da Liberdade, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia e Bolsa de estudos Guggenheim
Na rede
IMDB: nm2562654 Discogs: 3514876 WikiTree: Παπανδρέου-3 Find a Grave: 8911 Editar o valor em Wikidata
Andreas-g-papandreou-signature-circa1985.svg
editar datos en Wikidata ]

Nunha enquisa relizada por Kathimerini en 2007, o 48% dos preguntados considerou a Papandreu o "primeiro ministro grego máis importante".[2]

TraxectoriaEditar

Naceu o 5 de febreiro de 1919 na illa de Quíos, fillo de Zofia (Sofia) Mineyko (1883–1981) e o líder político liberal Georgios Papandreu. En 1923 a familia Papandreu marchou a Atenas.

En 1936, Andreas Papandreu, aínda no colexio, foi arrestado por primeira vez pola ditadura de Ioannis Metaxas por trotskismo. Despois de declaracións do seu pai, permitíronlle marchar aos Estados Unidos.[3] En 1941, cando estaba no terceiro ano de estudo na Facultade de Dereito da Universidade de Atenas, foi detido de novo polo mesmo motivo. Despois do seu encarceramento, fuxiu aos Estados Unidos, onde estudou economía e filosofía na Universidade Harvard.

Papandreu permaneceu nos Estados Unidos durante vinte anos e en 1943 foi nomeado lector en Harvard, en 1947 profesor asistente e posteriormente profesor na Universidade de Minnesota e en UCLA, entre outras universidades. En 1959 regresou a Grecia e en 1961 foi nomeado presidente do consello de administración e director científico xeral do Centro de Investigacións Económicas de Grecia e director do Banco de Grecia (1961-1962). En 1962 comezou a súa carreira política e foi nomeado ministro en 1964. Cando se impuxo a ditadura dos coroneis en 1967, foi detido de novo e ao ano seguinte fuxiu ao estranxeiro,[4] primeiro a Suecia e despois ao Canadá.

 
Andreas Papandreu con Bill Clinton

A partir de 1968 fundou o Movemento Libertador Panhelénico (coñecido como PAK) que actuaba contra a ditadura. Despois da restauración da democracia en Grecia en 1974, regresou do exilio e fundou o PASOK (Movemento Socialista Panhelénico) do que chegou a ser presidente. En 1981, Papandreu, como presidente do PASOK, foi elixido primeiro ministro de Grecia por primeira vez, para ser reelixido nas eleccións de 1985. En 1988 foi sometido a unha operación cardíaca moi grave no hospital Herfield de Londres. En 1989 perdeu as eleccións, que gañou de novo en 1993. En 1995 tivo problemas coa súa saúde que o obrigaron a dimitir como primeiro ministro en 1996. O 23 de xuño de 1996 faleceu por mor dun paro cardíaco.

Vida persoalEditar

Papandreu estivo casado con Christina Rasia entre 1941 e 1951. En 1948 comezou unha relación coa estudante de xornalismo da Universidade de Minnesota Margaret Chant, nada en 1924, filla de Douglas Chant e Hulda Pfund.[5]

Despois de que Chant obtivese o divorcio e do seu propio divorcio de Rasia, Papandreu e Chant casaron en 1951. Tiveron tres fillos e unha filla. Coa actriz e presentadora de televisión sueca Ragna Nyblom, tamén tivo unha filla, Emilia Nyblom, nada en Suecia en 1969.[6][7] O seu fillo, Georgios Andreas Papandreu, foi tamén primeiro ministro de Grecia desde 2009 ata 2011.

Papandreou divorciouse da súa segunda esposa en 1989 e casou con Dimitra Liani, 37 anos máis nova ca el.[8] O testamentou de Papandreu foi controvertido porque legou todo á súa esposa de 41 anos e nada á súa esposa durante 38 anos nin a ningún dos seus cinco fillos.[9]

NotasEditar

  1. "Andreas Papandreou website". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  2. Μαυρής, Γιάννης (30 de decembro de 2007). "Τομή στη Μεταπολίτευση το 1981". Kathimerini. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  3. Clogg, Richard (24 de xuño de 1996). "Papandreou Obituary". Independent.co.uk. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  4. Papandreou, Andreas (1970) Democracy at Gunpoint, Doubleday.
  5. "Phantis wiki". Wiki.phantis.com. 19 de xuño de 2006. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  6. "Expressen, 8 November 2011". Expressen.se. 5 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  7. "Aftonbladet, 28 August 2002". Aftonbladet.se. 28 de agosto de 2002. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  8. LA Times
  9. Papandreou's Will

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Clogg, Richard. "Andreas Papandreou–A political profile." Mediterranean Politics 1#3 (1996): 382–387.
  • Kariotis, Theodore C., ed. The Greek Socialist Experiment: Papandreou's Greece, 1981-1989. (Pella Publishing Company, 1992).
  • Wilsford, David, ed. Political leaders of contemporary Western Europe: a biographical dictionary (Greenwood, 1995) pp. 361–68.

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
Georgios Rallis
Primeiro Ministro de Grecia
1981 - 1989

 

Sucesor:
Tzannis Tzannetakis
Predecesor:
Konstantinos Mitsotakis
Primeiro Ministro de Grecia
1993 - 1996

 

Sucesor:
Costas Simitis