Andreas Papandreu

político grego
(Redirección desde «Andreas Papandreou»)

Andreas Georgios Papandreu (en grego: Ανδρέας Γεώργιος Παπανδρέου[1]), nado en Quíos o 5 de febreiro de 1919 e finado en Atenas o 23 de xuño de 1996, foi un economista e político grego, coñecido por fundar o partido político PASOK, que liderou de 1974 a 1996. Foi o primeiro ministro de Grecia en tres lexislaturas.

Infotaula de personaAndreas Papandreu

(1968) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Ανδρέας Παπανδρέου Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Quíos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xuño de 1996 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Ekali, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPrimeiro Cemitério de Atenas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Grecia
13 de outubro de 1993 – 17 de xaneiro de 1996
← Konstantínos Mitsotákis (pt) TraducirKostas Simitis (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Third Cabinet of Andreas Papandreou (en) Traducir
Leader of the Opposition (en) Traducir
11 de abril de 1990 – 13 de outubro de 1993
← sen valor – Miltiadis Evert (pt) Traducir →
Leader of the Opposition (en) Traducir
12 de outubro de 1989 – 23 de novembro de 1989
← Konstantínos Mitsotákis (pt) Traducir
Primeiro ministro de Grecia
21 de outubro de 1981 – 2 de xullo de 1989
← Georgios RallisTzannis Tzannetakis →
Ministro da Defesa Nacional da Grécia (pt) Traducir
21 de outubro de 1981 – 25 de abril de 1986
← Evangelos Averoff (pt) TraducirIoannis Charalambopoulos (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: First Cabinet of Andreas Papandreou (en) Traducir
Leader of the Opposition (en) Traducir
28 de novembro de 1977 – 21 de outubro de 1981
← Georgios Mavros (pt) TraducirGeorgios Rallis →
Deputado do Parlamento Helénico
1974 – 1996
Circunscrición electoral: Q26219925 Traducir, Athens A (en) Traducir, Athens B (en) Traducir, Q20723246 Traducir
Presidente Movimento Socialista Pan-helénico (pt) Traducir
1974 – 1996 – Kostas Simitis (pt) Traducir →
Q23653052 Traducir
29 de abril de 1965 – 15 de xullo de 1965 – Konstantínos Mitsotákis (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Third Cabinet of Georgios Papandreou (en) Traducir
Q23653052 Traducir
5 de xuño de 1964 – 19 de novembro de 1964
← Georgios Mavros (pt) Traducir
Gabinete ministerial: Third Cabinet of Georgios Papandreou (en) Traducir
Minister at the Presidency of the Government of Greece (en) Traducir
19 de febreiro de 1964 – 5 de xuño de 1964
← Dionysios Zakythinos (pt) TraducirDimitrios Papaspyrou (en) Traducir →
Gabinete ministerial: Third Cabinet of Georgios Papandreou (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (década de 1940–1964)
Grecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Ortodoxa Grega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Atenas - xurisprudencia
Athens College (en) Traducir
Universidade Harvard - economía, filosofía
Universidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e economía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , economista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Minnesota (pt) Traducir
York University
Universidade de Estocolmo
Universidade de California en Berkeley
Universidade de Toronto Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCentre Union (en) Traducir
Movimento Socialista Pan-helénico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua grega, lingua inglesa e lingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamily Papandreou (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeDimitra Liani (en) Traducir (1989–1996)
Margaret Chant-Papandreou (pt) Traducir (1951–1989) Editar o valor em Wikidata
FillosGeorgios Papandreu
 () Margaret Chant-Papandreou (pt) Traducir
Sofia Papandreou (en) Traducir
 () Margaret Chant-Papandreou (pt) Traducir
Andreas Papandreou (en) Traducir
 () Margaret Chant-Papandreou (pt) Traducir
Níkos Papandréou (pt) Traducir
 () Margaret Chant-Papandreou (pt) Traducir
Emilia Nyblom (en) Traducir
 () Ragna Nyblom (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeórgios Papandréu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sofia Mineyko Editar o valor em Wikidata
IrmánsGeorgios G. Papandreou (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesZygmunt Mineyko (avó materno)
Zygmunt Mineyko (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2562654 Discogs: 3514876 WikiTree: Παπανδρέου-3 Find a Grave: 8911 Editar o valor em Wikidata

Nunha enquisa relizada por Kathimerini en 2007, o 48% dos preguntados considerou a Papandreu o "primeiro ministro grego máis importante".[2]

Traxectoria editar

Naceu o 5 de febreiro de 1919 na illa de Quíos, fillo de Zofia (Sofia) Mineyko (1883–1981) e o líder político liberal Georgios Papandreu. En 1923 a familia Papandreu marchou a Atenas.

En 1936, Andreas Papandreu, aínda no colexio, foi arrestado por primeira vez pola ditadura de Ioannis Metaxas por trotskismo. Despois de declaracións do seu pai, permitíronlle marchar aos Estados Unidos.[3] En 1941, cando estaba no terceiro ano de estudo na Facultade de Dereito da Universidade de Atenas, foi detido de novo polo mesmo motivo. Despois do seu encarceramento, fuxiu aos Estados Unidos, onde estudou economía e filosofía na Universidade Harvard.

Papandreu permaneceu nos Estados Unidos durante vinte anos e en 1943 foi nomeado lector en Harvard, en 1947 profesor asistente e posteriormente profesor na Universidade de Minnesota e en UCLA, entre outras universidades. En 1959 regresou a Grecia e en 1961 foi nomeado presidente do consello de administración e director científico xeral do Centro de Investigacións Económicas de Grecia e director do Banco de Grecia (1961-1962). En 1962 comezou a súa carreira política e foi nomeado ministro en 1964. Cando se impuxo a ditadura dos coroneis en 1967, foi detido de novo e ao ano seguinte fuxiu ao estranxeiro,[4] primeiro a Suecia e despois ao Canadá.

 
Andreas Papandreu con Bill Clinton

A partir de 1968 fundou o Movemento Libertador Panhelénico (coñecido como PAK) que actuaba contra a ditadura. Despois da restauración da democracia en Grecia en 1974, regresou do exilio e fundou o PASOK (Movemento Socialista Panhelénico) do que chegou a ser presidente. En 1981, Papandreu, como presidente do PASOK, foi elixido primeiro ministro de Grecia por primeira vez, para ser reelixido nas eleccións de 1985. En 1988 foi sometido a unha operación cardíaca moi grave no hospital Herfield de Londres. En 1989 perdeu as eleccións, que gañou de novo en 1993. En 1995 tivo problemas coa súa saúde que o obrigaron a dimitir como primeiro ministro en 1996. O 23 de xuño de 1996 faleceu por mor dun paro cardíaco.

Vida persoal editar

Papandreu estivo casado con Christina Rasia entre 1941 e 1951. En 1948 comezou unha relación coa estudante de xornalismo da Universidade de Minnesota Margaret Chant, nada en 1924, filla de Douglas Chant e Hulda Pfund.[5]

Despois de que Chant obtivese o divorcio e do seu propio divorcio de Rasia, Papandreu e Chant casaron en 1951. Tiveron tres fillos e unha filla. Coa actriz e presentadora de televisión sueca Ragna Nyblom, tamén tivo unha filla, Emilia Nyblom, nada en Suecia en 1969.[6][7] O seu fillo, Georgios Andreas Papandreu, foi tamén primeiro ministro de Grecia desde 2009 ata 2011.

Papandreou divorciouse da súa segunda esposa en 1989 e casou con Dimitra Liani, 37 anos máis nova ca el.[8] O testamentou de Papandreu foi controvertido porque legou todo á súa esposa de 41 anos e nada á súa esposa durante 38 anos nin a ningún dos seus cinco fillos.[9]

Notas editar

  1. "Andreas Papandreou website". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  2. Μαυρής, Γιάννης (30 de decembro de 2007). "Τομή στη Μεταπολίτευση το 1981". Kathimerini. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  3. Clogg, Richard (24 de xuño de 1996). "Papandreou Obituary". Independent.co.uk. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  4. Papandreou, Andreas (1970) Democracy at Gunpoint, Doubleday.
  5. "Phantis wiki". Wiki.phantis.com. 19 de xuño de 2006. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  6. "Expressen, 8 November 2011". Expressen.se. 5 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  7. "Aftonbladet, 28 August 2002". Aftonbladet.se. 28 de agosto de 2002. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  8. LA Times
  9. Papandreou's Will

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Clogg, Richard. "Andreas Papandreou–A political profile." Mediterranean Politics 1#3 (1996): 382–387.
  • Kariotis, Theodore C., ed. The Greek Socialist Experiment: Papandreou's Greece, 1981-1989. (Pella Publishing Company, 1992).
  • Wilsford, David, ed. Political leaders of contemporary Western Europe: a biographical dictionary (Greenwood, 1995) pp. 361–68.

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Georgios Rallis
Primeiro Ministro de Grecia
1981 - 1989

 

Sucesor:
Tzannis Tzannetakis
Predecesor:
Konstantinos Mitsotakis
Primeiro Ministro de Grecia
1993 - 1996

 

Sucesor:
Costas Simitis