Andrés Rodríguez Pérez
guerrilleiro antifranquista galego
Andrés Rodríguez Pérez, finado en Ourense o 22 de agosto de 1944, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 22 de agosto de 1944 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Traxectoria
editarMembro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido pola brigadilla da Garda Civil e posto a disposición da autoridade militar en marzo de 1942.[1] Preso con José Luis Núñez Fernández nos calabozos de San Francisco agardando o consello de guerra sumarísimo por atraco a man armada e asasinato, fuxiron da cadea. Foron detidos na Gudiña en novembro de 1943.[2][3] Xulgado en consello de guerra en Ourense en 1944 con José Luis Núñez Fernández e Manuel Fernández Arístegui. Condenados a pena de morte, foron executados no Cuartel de San Francisco de Ourense o 22 de agosto de 1944.[4][5]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sumarísimos e tantas outras historias Arquivado 27 de agosto de 2023 en Wayback Machine.