José Luis Núñez Fernández

guerrilleiro antifranquista galego

José Luis Núñez Fernández, finado en Ourense o 22 de agosto de 1944, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Luis Núñez Fernández
Biografía
Morte22 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Preso con Andrés Rodríguez Pérez nos calabozos de San Francisco agardando o consello de guerra sumarísimo por atraco a man armada e asasinato, fuxiron da cadea. Foron detidos na Gudiña en novembro de 1943.[1][2] Xulgado en consello de guerra en Ourense con Andrés Rodríguez Pérez e Manuel Fernández Arístegui. Condenados a pena de morte, foron executados no Cuartel de San Francisco de Ourense o 22 de agosto de 1944.[3][4]

Notas editar

  1. La Región, 14-11-1943, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 14-11-1943, p. 7.
  3. La Región, 23-8-1944, p. 3.
  4. El Ideal Gallego, 24-8-1944, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar