Andrés Pardo Argüeso
Andrés Antonio Pardo Argüeso, nado en Bergondo o 14 de outubro de 1918 e finado en Esteríbar o 6 de xuño de 1938, foi un serrador e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1918 Bergondo, España |
Morte | 6 de xuño de 1938 (19 anos) Esteríbar, España (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Nai | Celsa Argüeso Pardo |
Irmáns | Manuel Pardo Argüeso |
Traxectoria editar
Fillo de Ramón Pardo e Celsa Argüeso. Serrador. Militante do Sindicato de Bergondo Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra na Coruña por auxilio á rebelión o 29 de xaneiro de 1937 na causa 854/1936 xunto con Gerardo Gómez Lorenzo, José Antonio López Vázquez e Antonio Pardo López, foi condenado a 30 anos de reclusión perpétua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 14 de xuño de 1937. Participou na fuga masiva do penal do 22 de maio de 1938 e foi capturado e asasinado o 6 de xuño en Esteribar.
O seu irmán Manuel Pardo Argüeso goi un guerrilleiro antifranquista morto en Oroso o 8 de xaneiro de 1948, logo de disparar ao brigada de Artillaría Juan Raña Martínez. En represalia pola morte do militar, a súa nai Celsa Argüeso foi asasinada en Bergondo o 2 de marzo.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. pp. 164–165. ISBN 978-84-8487-288-7.
Ligazóns externas editar
- Andrés Pardo Argüeso na páxina web Nomes e Voces.