Celsa Argüeso

enlace da guerrilla antifranquista

Celsa Argüeso Pardo, finada en Bergondo o 1 de marzo de 1948, foi un muller galega vítima da represión sobre a guerrilla antifranquista.

Infotaula de personaCelsa Argüeso
Biografía
NacementoBergondo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata
Bergondo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAndrés Pardo Argüeso, Manuel Pardo Argüeso Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu irmán, o sindicalista Manuel Argüeso Pardo, foi asasinado en Ferrol en 1936. O seu fillo Andrés Pardo Argüeso foi detido e morreu na fuga do Forte de San Cristovo o 22 de maio de 1938. O seu outro fillo Manuel Pardo Argüeso foi un guerrilleiro morto en Oroso o 8 de xaneiro de 1948, logo de disparar e matar ao brigada de Artillaría Juan Raña Martínez. En represalia pola morte do militar, Celsa foi asasinada en Bergondo o 1 de marzo por un grupo de gardas. O seu cadáver apareceu tirado no camiño preto da súa casa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 77–78.