Andrés Núñez Rajoy

enxeñeiro técnico agrícola e político galego


Andrés Núñez Rajoy, nado en Padrón o 10 de xaneiro de 1957, é un enxeñeiro técnico agrícola e político galego.

Infotaula de personaAndrés Núñez Rajoy
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro agrícola
Familia
CónxuxeBerta Roldán Pimentel
FillosVíctor Núñez Esperante, Adrián Núñez Esperante

Traxectoria editar

Diplomouse en enxeñería técnica agrícola na Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Foi responsable a partir de 1981 do departamento de horticultura da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (Leyma). Entre 1984 e 1990 actuou como secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña e Pontevedra.

Accedeu á administración pública en 1987 como axente de extensión agraria, exercendo primeiro en Carballo e posteriormente enSantiago de Compostela.

Dende 1994 foi o responsable de horticultura do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia con sede en Santiago de Compostela e en 2005 asumiu da dirección do Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal da Consellería do Medio Rural.

Paralelamente foi membro do Comité Fitosanitario Nacional, da Comisión Nacional de Avaliación de Fitosanitarios, da Comisión Nacional de Bioseguridade e Union Europea.

Tras unha larga traxectoria no BNG pasou a militar en Compromiso por Galicia. Foi membro da Comisión Executiva Nacional do partido, cabeza de lista nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 pola provincia de Pontevedra e candidato á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2019.[1]

Colabora decote en Pontevedra Viva.[2]

Obra editar

  • A nosa horta (Xerais, 1998; con Xesús Cordeiro e Consuelo Davila).

Notas editar