Andrés Montesinos

político galego
(Redirección desde «Andrés Montesinos Rodríguez»)

Andrés Montesinos Rodríguez, nado na Mezquita en 1961,[1] é un político galego do PPdeG, alcalde de Viana do Bolo.

Infotaula de personaAndrés Montesinos
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Mezquita, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viana do Bolo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empregado de banca. Concelleiro do PPdeG en Viana do Bolo. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas eleccións de 2007 e 2011 con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, sendo elixido o nacionalista Secundino Fernández como alcalde co apoio do único concelleiro socialista. Nas eleccións de 2019 volveu encabezar a candidatura popular e seguiu perdendo apoios, baixando un concelleiro, se ben volveu sela candidatura máis votada. Inicialmente saíu reelixido Secundino Fernández co apoio do PSdeG, pero en setembro de 2020 o PPdeG apoiou unha moción de censura con dous concelleiros tránsfugas socialistas. O concelleiro exsocialista Abelardo Carballo foi o escollido como alcalde,[2] acordando rotarse no cargo con el durante un ano e uns meses, dimitindo Carballo o 30 de decembro de 2021,[1] e asumindo Montesinos de novo a alcaldía en xaneiro de 2022.[3]

Nas municipais de 2023 mellorou resultados, se ben quedouse ás portas da maioría absoluta. Finalmente revalidou a alcaldía como forza máis votada ante a falta de acordo entre BNG e PSdeG.[4][5][6]

Vida persoal editar

É irmán de Francisco Montesinos, exalcalde da Mezquita polo PPdeG.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Redacción (2021-12-27). "El alcalde de Viana do Bolo dimite para cumplir su pacto con el PP, que gobernará hasta el 2023". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-28. 
  2. Cobas, María (1 de setembro de 2020). "Abelardo Carballo es el nuevo alcalde de Viana do Bolo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  3. Cobas, María (12 de xaneiro de 2022). "El PP recupera la alcaldía de Viana do Bolo 7 años después". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  4. R.C., A. (20 de xuño de 2023). "Andrés Montesinos: “Nuestra idea es seguir trabajando por Viana do Bolo”". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  5. Redacción (18 de xuño de 20232). "El popular Andrés Montesinos revalida la alcaldía en Viana do Bolo al no haber acuerdo entre PSOE y BNG". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  6. Redacción (17 de xuño de 2023). "Andrés Montesinos consigue la alcaldía de Viana do Bolo". laregion.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Sergio González Bruña
  
Alcalde de Viana do Bolo
 
2003 - 2015
Sucesor:
Secundino Fernández
Predecesor:
Abelardo Carballo
  
Alcalde de Viana do Bolo
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo