Andrés Iglesias Garrote

Andrés Iglesias Garrote, nado en Cariño e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaAndrés Iglesias Garrote
Biografía
NacementoCariño Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militar retirado. Secretario da sociedade Agraria La Necesaria da UGT en 1931. Militante do PSOE, foi concelleiro de Fene durante a República, alcalde en 1934 e en 1936 era o segundo tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 1 de agosto con Ramón Souto González, Juan Sánchez Crespo, e os irmáns Eduardo e Francisco Barcia Rodríguez.[1] Foi paseado en Canido con Guillermo Cedrón Gómez, Mario Rico Cobas, Felipe Hermida González, Carlos Pérez Fachal, Manuel González Díaz, Venancio Pérez Blanco, José Rico Torrente, Antonio Fernández Mourente e Ramón Hermo Miranda.


Predecesor:
José Pita Cortés
  
Alcalde de Fene
 
1934
Sucesor:
?

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar