Venancio Pérez Blanco
político galego
Venancio Pérez Blanco, nado en Cariño e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Cariño, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarAntigo cabo de artillaría que foi expulsado da Armada. Empregado de banca. Secretario das Juventudes Socialistas Unificadas de Ferrol. Era representante do Socorro Roxo Internacional. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Canido con Guillermo Cedrón Gómez, Mario Rico Cobas, Felipe Hermida González, Carlos Pérez Fachal, Manuel González Díaz, Andrés Iglesias Garrote, José Rico Torrente, Antonio Fernández Mourente e Ramón Hermo Miranda.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Venancio Pérez Blanco na páxina web Nomes e Voces.