A andoa moura (Boletus aereus) [1], é un cogomelo comestíbel (boleto), basidiomiseto, do xénero dos boletos ou andoas (Boletus), da familia Boletaceae. Aparece en Galiza. Ás veces coñécese aimplemente coma andoa ou coma madeirudo (cómpre non confundir coa especie Boletus edulis.

Descrición

editar

A forma do chapeu (Píleo) é convexo a xeito de campá, podendo medir até 20 cm de diámetro. A súa cor é amarronada escura, o estipe (pé) é cilíndrico, de cor marrón clara, pode medir até 8 cm de longo e ter un grosor de 1,5 cm.

Medra a finais do verán e principios do outono, nas fragas e en xeral bosques de folla ancha (carballeiras e faiais especialmente). Aparece en América do Norte e no centro e sur de Europa.

Comestibilidade

editar

O seu sabor é agradábel e é moi coñecido polas súas cualidades culinarias.

  • Ollo!!: A determinación dun cogomelo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou os centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Cómpre evitar o consumo de cogomelos apañados no monte, xa que podería pór en risco a saúde de vostede e dos seus convidados.
  1. 00Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C)00 A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar