And the Mountains Echoed

novela de Khaled Hosseini

And the Mountains Echoed é a terceira novela do escritor afgán Khaled Hosseini. Publicada en 2013 por Riverhead Books, desvíase do estilo de Hosseini nas súas dúas primeiras obras para evitar centrarse só nunha única personaxe. Por iso, o libro está escrito como unha colección de historias curtas, e cada un dos seus capítulos está escrito dende a perspectiva dunha personaxe diferente. O piar da novela é a relación entre un neno de dez anos, Abdullah, e a súa irmá de tres anos, Pari, así como a decisión do pai de ambos de vendela a ela a unha familia sen fillos de Cabul, un evento que une as distintas narrativas.

And the Mountains Echoed
Título orixinalAnd the Mountains Echoed
Autor/aKhaled Hosseini
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Riverhead Books
Data de pub. 21 de maio de 2013
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas402
ISBNISBN 9781594631764
Precedido porUn milleiro de soles espléndidos
editar datos en Wikidata ]

Hosseini declarou que o seu obxectivo nesta novela era facer as personaxes máis complexas e moralmente ambiguas. Continuando co tema familiar estabelecido nas súas obras anteriores, O cazador de papaventos e Un milleiro de soles espléndidos, And the Mountains Echoed céntrase na relación dos dous irmáns. Ademais de Abdullah e Pari, Hosseini presenta outras dúas relacións entre irmáns: a da madrastra dos nenos, Parwana e a súa irmá discapacitada Masooma, e a dun médico afgán-americano chamado Idris e o seu curmán Timur.