Khaled Hosseini (en persa: خالد حسینی), nado en Cabul, Afganistán, o 4 de marzo de 1965, é un médico e escritor afgán en lingua inglesa.[1][2] Despois de graduarse, traballou como doutor en California, unha situación que el comparou "cun matrimonio arranxado".[3] Publicou tres novelas, sendo a máis salientable a primeira, O cazador de papaventos, publicada en 2003. Tódalas súas obras están ambientadas, polo menos en parte, en Afganistán e teñen a un afgán como protagonista. Despois do éxito de O cazador de papaventos retirouse do eido da medicina para dedicarse a escribir.

Khaled Hosseini
Nacemento4 de marzo de 1965 (59 anos)
 Cabul, Afganistán
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade da Califórnia em San Diego, Universidade de Santa Clara, Independence High School e UC San Diego School of Medicine
Ocupaciónmédico, novelista, médico escritor, escritor médico e escritor
CónxuxeRoya Hosseini
XénerosNovela
Coñecido/a porO cazador de papaventos, Un milleiro de soles espléndidos, And the Mountains Echoed e Sea Prayer
PremiosThe Nichols-Chancellor's Medal, Humo's Gouden Bladwijzer e Great Immigrants Award
Na rede
https://khaledhosseini.com
IMDB: nm1672161 Instagram: khosseini Bitraga: 2674 Musicbrainz: a888def5-ba9f-4bce-aa0d-3f5a97c008e9 Discogs: 4716084 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As súas tres novelas convertéronse en bestsellers: O cazador de papaventos (2003) estivo 101 semanas na lista de mellor vendidos de The New York Times, catro delas no número un.[4] Un milleiro de soles espléndidos (2007) estivo nesa lista durante 103 semanas, 15 delas no número un.[5][6] And the Mountains Echoed (2013) debutou preto do máis alto na lista de Times[7] e permaneceu alí durante 33 semanas, até xaneiro de 2014.[8]

Traxectoria editar

Naceu en Cabul no seo dunha familia de clase alta, seu pai era diplomático e súa nai era mestra. Ós cinco anos vai vivir cos seus pais a Irán por mor do traballo de seu pai, volvendo en 1973 a Cabul. O mesmo día que nace seu irmán máis novo Mohammed Daud Khan, o seu curmán o rei de Afganistán é derrocado e proclámase a república. Tres anos máis tarde, o seu pai é enviado á embaixada de París e leva á súa familia, desde onde vivirá o comezo da guerra civil afgá en 1978, polo que o seu pai pediu asilo político ós Estados Unidos, razón pola que se mudan a California en 1980.

Alí ingresou na Universidade de Santa Clara, graduándose en bioloxía e logo de medicina na Universidade de San Diego, mentres facía súas prácticas de interno entre os anos 1996-2004 escribiu súa primeira novela, O cazador de papaventos (2003), que conseguiría publicar no 2003 converténdose nun best seller. Un ano e medio despois Khaled abandonou a menciña para concentrarse na literatura conseguindo repetir o seu primeiro éxito coa novela Un milleiro de soles espléndidos (2007) e logo coa terceira, And the Mountains Echoed (2013).

Malia vivir desde os quince anos en Occidente, nunca esqueceu a seu país co que está moi comprometido, así en 2006 foi nomeado embaixador de boa vontade do Alto Comisionado da ONU para refuxiados (ACNUR) e ó ver a realidade postbélica decide fundar unha ONG co seu nome. Está casado con Roya Hosseini e teñen dous fillos.

Obras editar

  • O cazador de papaventos (2003): novela con tinguiduras autobiográficas sobre un mozo afgán que se atopa traumatizado desde a infancia por algo que viu cando era neno. A novela ten como escenarios tanto lugares de USA como de Afganistán, e aborda temas como a emigración e as tensións entre as etnias paxto e hazara.
  • Un milleiro de soles espléndidos (2007): é o encontro de dúas formas de vida, por un lado a tradicional afgá de Mariam (casada por seu pai cun home mais vello) e occidentalizada afgá de Laila (unha adolescente á que seu pai lle di que pode ser todo o que ela queira); ambas personaxes coñécense e mudan seus destinos.
  • And the Mountains Echoed (2013): novela coral de relatos de varias xeracións dunha mesma familia, que vai desde 1952 até a actualidade e amosa diferentes actitudes e escenarios, dende Afganistán ata París, Grecia, USA...

Influencias editar

Dende pequeno Khaled leu ós clásicos da literatura oriental sendo seu libro preferido daquel entón o "Shanameh" (libro dos Reis, unha epopea persa medieval), quedando marcado pola súa experiencia vital e o seu país (envolto nunha guerra civil ata hoxe desde 1978), entre os seus temas abordou as relacións humanas, facendo fincapé na familia, a pertenza a unha xenealoxía, as raíces. O que fai que o autor amose grandes doses de empatía e mesmo tenrura nos textos.

Notas editar

  1. Bilal ibn Rasheed The not-so-curious case of Khaled Hosseini Jang Group of Newspapers
  2. "A Critical Response to the Pashtun Bashing in The Kite Runner, by Nationalist Pashtun Rahmat Rabi Zirakyar". Dawat Independent Media Center (DIMC). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. Miller, David (7 de xuño de 2013). Loveland Magazine, ed. "Khaled Hosseni author of Kite Runner talks about his mistress: Writing". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013. 
  4. The New York Times, ed. (18 de setembor de 2011). "Best Sellers: Paperback Trade Fiction: Sunday, September 18th 2011". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  5. Schuessler, Jennifer. The New York Times, ed. "Hardcover". 
  6. The New York Times, ed. (11 de maio de 2008). "Hardcover Fiction". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  7. Dallas Morning News archive Arquivado 11 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
  8. New York Times Best Seller list, 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2015.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar